From Wikipedia, the free encyclopedia
Delage foi unha compañía francesa de automóbiles de luxo e de carreiras fundada en 1905 por Louis Delage en Levallois-Perret preto de París. Foi adquirido por Delahaye en 1935 e deixou de funcionar en 1953.
Delage | |
---|---|
Logo da compañía | |
Fundación | 1905 - 1953 |
Localización | Levallois-Perret, Francia |
Fundador | Louis Delage |
Industria | Automóbil |
Produtos | Automóbil |
Na rede | |
https://www.delage-automobiles.com/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
A compañía fundouse en 1905 por Louis Delage, quen pediu prestados 35.000 Francos para facelo.[1]
A súa primeira sede foi na Rue Cormeilles en Levallois-Perret. A empresa ao principio tiña só dous tornos e tres empregados,[2] un deles o antigo xefe de deseño de Peugeot.[2] Delage produciu inicialmente pezas para Helbé, co motor De Dion-Bouton e o chasis montados por Helbé, Delage engadia só a carrozaría.
O primeiro modelo foi o Type A, un mini coche que apareceu en 1906. impulsado por un motor De Dion-Bouton dun cilindro de 4.5 ou 9 hp (3.4 ou 6.7 kW; 4.6 ou 9.1 PS).[2] Como outros dos primeiros fabricantes de automóbiles, Delage participou en carreiras de motor, participando na Coupe de Voiturettes celebrada en Rambouillet en novembro de 1906 cun 9 hp (6.7 kW; 9.1 PS).[2]
En 1907 a fábrica trasladouse á Rue Baudin Levallois, onde un taller de 4.000 m² permitiulle crecer. O Delage dous-cilindros non competiu en ningunha competición ese ano da "Coupe des Voiturettes".
En 1908, o éxito permitiu o desenvolvemento da fábrica e a entrada en máis carreiras de Grand Prix. Ese ano, volveu o éxito nas carreiras, Delage gañou o Grand Prix des Voiturettes celebrado o 6 de xullo.[2] Este evento, consistente en seis voltas ao circuíto de 76´83 km viu 47 participantes. Delage colocou tres coches. Os tres Delages terminaron esta vez, o equipo tamén levou a casa o premio da regularidade.[3] Os bos resultados contribuíron ás vendas totais que excederon os 300 coches no ano.
Delage pasouse ao motor de catro cilindros en 1909, ao principio proporcionado por De Dion e Edouard Ballot. Pronto, a compañía producia os seus propios motores.[3]
Logo do aumento nas vendas, as instalacións existentes eran demasiado pequenas, polo que en 1910 a fábrica trasladouse a unha nova instalación no 138 do Boulevard de Verdun,[3] Courbevoie. Ao ano seguinte creouse unha carrozaría avanzada. Cara a 1912, 350 traballadores producían máis de 1000 automóbiles ao ano, e ofrecían motores de catro válvulas de catro e seis cilindros.
Durante a primeira guerra mundial, Delage produciu municións. A produción de coches de pasaxeiros practicamente detívose, coa excepción dalgunha fabricación para o Exército. Pero as fábricas de Delage estaban apoiando todo o esforzo de guerra.
Cando terminou a guerra, Delage afastouse dos coches pequenos e fíxose unha reputación con coches máis grandes. Primeiro foi o Delage CO, cun motor de 4524 cc. Os planos do CO preparáronse durante o conflito. Foi o primeiro coche de pasaxeiros con freos dianteiros. Foi seguido polo DO un 3 litros con catro cilindros.[4]
A década de 1920 foi realmente a primeira "Idade de Ouro" de Delage. Os máis famosos foron os 4 cilindros DE e DI de aproximadamente 2 litros e 11 hp. Delage tamén intentou competir con Hispano-Suiza, co GL de 30 hp e 5954 cc, con certo éxito. Logo diso veu unha nova xeración de coches de seis cilindros, como o MD (3174 cc) e DR (2516 cc), o vehículo máis vendido na historia da marca, deseñado polo enxeñeiro Gaultier.
Tanto o CO como o DO foron substituídos en 1922.[4] O CO converteuse en CO2, producindo 88 Hp, mentres que o DO foi suplantado polo DE con 2117 cc. O CO2 completou a carreira de París-Niza en 16 horas, cunha media de 67 km/h.
O seguinte ano, o novo 14 hp DI tamén cambiou a OHV con 2121 cc (Catro cilindros), equipado con magneto de aceso e termosifón de enfriamento. Todos tiñan caixas de cambios de catro velocidades e carburadores Zenith.[4] No outro extremo da escala, o GL (Grand Luxe), tamén coñecido como o 40/50, substituíu o CO2, con 5344 cc..
En 1923, produciron un coche de hillclimb co chasis DI, con rodas e pneumáticos máis grandes, e 5107 cc. Delage logrou éxitos en La Turbie e Mont Ventoux. A este coche monstouselle un motor V12, que bateu a marca da subida á montaña Gaillon, con Thomas no volante.[4] Thomas lograría a marca de velocidade en terra en Arpajon neste coche, a unha velocidade de 230´52 km/h en 1924.[5] Un coche de 1925 con motor de 5954 cc e seis cilindros, utilizou novamente o bloque GL, con catro válvulas por cilindro e dous levas de cabeza gemelas.[6]
En 1930, Louis Delâge foi atraído polo luxo e o "coche bonito". Maurice Gaultier deseñou un 8 cilindros en liña de 4.061 cm3, o D8 evolucionou ao D8S (Sport). Que permanecerá na mente de moitos como LA Delage ... As carrozarías máis belas vestiron este chasis e Delage gañou o primeiro lugar entre a competencia dos máis elegantes.
A raíz das secuelas da crise económica de 1929, as dificultades debido ás malas vendas acumuláronse para os fabricantes de automóbiles de luxo. Louis Delâge, con todo, levou a cabo un importante esforzo de renovación técnica, axudado por un grupo de comerciantes e banqueiros. Foi en balde, a situación comercial e financeira da firma quedou bastante mal parada.
No Salón do Automóbil de París de 1932, presentouse o D6-11 un 11 CV cun pequeno motor de 6 cilindros e 2.101 cm3, e un ano máis tarde, o novo motor de oito cilindros Delage, o D8-15 de 2660 cm3. Ambos modelos equipados con rodas dianteiras independentes e un motor con tecnoloxía innovadora non foron suficientes para frear a caída das vendas. Os últimos modelos que xurdiron en Courbevoie foron os D6-65, D8-85 e D8-105. Pero nada logrou frear a ruína económica. A liquidación voluntaria da fábrica de Courbevoie decidiuse 20 de abril de 1935.
En 1935 Louis Delage, pouco disposto a admitir a derrota, considerou moitas solucións para salvar a súa empresa, unha marca que destacara de xeito tan brillante nos circuítos, e cunha reputación de calidade dos seus produtos. Renovouse coa asociación co empresario Walter Watney. Deste xeito creou a « Société Nouvelle des Automobiles Delage » producidos por Delahaye, os coches coñeceron unha especie de segunda "idade de ouro" ...
Os Delage fabricados por Delahaye viron a luz no Salón de 1935 desde a gama de 4 cilindros DI-12 ao maxestoso D8-120 pasando polo 6 cilindros D6-70, coche que logrou un amplo éxito. Todos estes coches, do mesmo xeito que os seus predecesores, levaron o "toque Delage" e foron carrozados polos mellores carroceiros logrando os primeiros lugares nos concursos de elegancia. O D6-70 estivo dispoñible na versión "carreira" e volveu facer brillar o nome de Delage nos circuítos con certo éxito.
Logo da segunda guerra mundial, produciuse un modelo de seis cilindros de 3 L, pero ao final o nome desaparece despois do salón de 1953.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.