Gran Premio de Mónaco de 1950

From Wikipedia, the free encyclopedia

O Gran Premio de Mónaco de 1950 foi unha carreira de Fórmula Un, celebrada o 21 de maio de 1950 en Mónaco. Esta carreira foi a segunda carreira do Campionato do Mundo de Pilotos de 1950. A carreira, disputada sobre 100 voltas cunha distancia total de 318´1 quilómetros foi gañada por Juan Manuel Fangio do equipo Alfa Romeo logo de saír desde a pole position. Alberto Ascari terminou segundo con Ferrari e Louis Chiron terminou 3º con Maserati.

Datos rápidos Nome oficial, Tipo ...
Gran Premio de Mónaco de 1950
Nome oficialPrix de Monte-Carlo et XI Grand Prix Automobile
TipoGran Premio de Mónaco
Deporteautomobilismo
Parte deCampionato Mundial de Fórmula 1 de 1950
Distancia do evento100
Localización  e  Datas
LocalizaciónCircuíto de Mónaco (Monte Carlo) 43°44′05″N 7°25′14″L
Lonxitude3,337 km
PaísMónaco
Data21 de maio de 1950
Competición
Primeiro postoJuan Manuel Fangio
Pole positionJuan Manuel Fangio
Volta máis rápidaJuan Manuel Fangio

Pechar

Informe

Logo de dúas sesións de cualificación, o xoves e o sábado, Charles Pozzi, Yves Giraud-Cabantous, Pierre Levegh e Clemente Biondetti non comezaron, a carreira foi dominada por Juan Manuel Fangio, quen anotou a súa primeira vitoria nun Campionato do Mundo, pilotando un Alfa Romeo. A grella de saída consistía en alternar filas de tres e dous, partindo de tres na primeira fila e continuando ata os dous na oitava fila. A carreira viuse embazada por un gran choque en cadea na primeira volta, cando unha onda no porto alagou a pista na esquina de Tabac. Nino Farina que ía segundo, fixo un trompo e estrelouse, Fangio logrou escapar do caos. Os que estaban detrás deles trataron de parar ou evitar a colisión, pero oito pilotos máis (dun total de 19 pilotos) estreláronse e retiráronse. Ningún deles resultou ferido, José Froilán González, que danou o seu Maserati no choque en cadea, continuou correndo en segundo lugar, pero estrelouse durante a segunda volta. O seu coche incendiouse e sufriu queimaduras. A carreira continuou con moitos coches aparcados na esquina de Tabac, case causando outros accidentes.

O Cooper de Harry Schell foi o primeiro coche con motor traseiro en iniciar unha carreira de campionato.

Equipos

Máis información Nº, Piloto ...
PilotoEquipoConstrutorChasisMotorPneu.
2 José Froilán González Scuderia Achille Varzi Maserati Maserati 4CLT-48 Maserati L4 s P
4 Alfredo Pián Scuderia Achille Varzi Maserati Maserati 4CLT-48 Maserati L4 s P
6 Bélxica Johnny Claes Écurie Belge Talbot-Lago Talbot-Lago T26C Talbot L6 D
8 Harry Schell Horschell Racing Corporation Cooper Cooper T12 JAP V-twin D
10 Francia Robert Manzon Equipe Gordini Simca-Gordini Simca Gordini T15 Gordini L4 s E
12 Francia Maurice Trintignant Equipe Gordini Simca-Gordini Simca Gordini T15 Gordini L4 s E
14 Francia Philippe Étancelin Privado Talbot-Lago Talbot-Lago T26C Talbot L6 D
16 Francia Louis Rosier Ecurie Rosier Talbot-Lago Talbot-Lago T26C Talbot L6 D
18 Francia Charles Pozzi Ecurie Rosier Talbot-Lago Talbot-Lago T26C Talbot L6 D
20 Francia Yves Giraud-Cabantous Automóbiles Talbot-Darracq SA Talbot-Lago Talbot-Lago T26C Talbot L6 D
22 Francia Pierre Levegh Privado Talbot-Lago Talbot-Lago T26C Talbot L6 D
24 Cuth Harrison Privado ERA ERA B ERA L6 s D
26 Bob Gerard Privado ERA ERA B ERA L6 s D
28 Peter Whitehead Privado Ferrari Ferrari 125 Ferrari V12 s D
32 Italia Giuseppe Farina SA Alfa Romeo Alfa Romeo Alfa Romeo 158 Alfa Romeo L8 s P
34 Juan Manuel Fangio SA Alfa Romeo Alfa Romeo Alfa Romeo 158 Alfa Romeo L8 s P
36 Italia Luigi Fagioli SA Alfa Romeo Alfa Romeo Alfa Romeo 158 Alfa Romeo L8 s P
38 Italia Luigi Villoresi Scuderia Ferrari Ferrari Ferrari 125 Ferrari V12 s P
40 Italia Alberto Ascari Scuderia Ferrari Ferrari Ferrari 125 Ferrari V12 s P
42 Francia Raymond Sommer Scuderia Ferrari Ferrari Ferrari 125 Ferrari V12 s P
44 Italia Franco Rol Officine Alfieri Maserati Maserati Maserati 4CLT-48 Maserati L4 s P
46 Italia Clemente Biondetti Scuderia Milano Maserati Maserati Milano 4CLT-50 Maserati L4 s P
48 Louis Chiron Officine Alfieri Maserati Maserati Maserati 4CLT-48 Maserati L4 s P
50 Tailandia Prince Bira Enrico Platé Maserati Maserati 4CLT-48 Maserati L4 s P
52 Suíza Toulo de Graffenried Enrico Platé Maserati Maserati 4CLT-48 Maserati L4 s P
Pechar

Clasificación

Cualificación

Máis información Pos, Nº ...
PosPilotoConstrutorVoltaDife
1 34 Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 1:50.2 -
2 32 Italia Giuseppe Farina Alfa Romeo 1:52.8 + 2.6
3 2 José Froilán González Maserati 1:53.7 + 3.5
4 14 Francia Philippe Étancelin Talbot-Lago-Talbot 1:54.1 + 3.9
5 36 Italia Luigi Fagioli Alfa Romeo 1:54.2 + 4.0
6 38 Italia Luigi Villoresi Ferrari 1:52.3 + 2.1
7 40 Italia Alberto Ascari Ferrari 1:53.8 + 3.6
8 48 Louis Chiron Maserati 1:56.3 + 6.1
9 42 Francia Raymond Sommer Ferrari 1:56.6 + 6.4
10 16 Francia Louis Rosier Talbot-Lago-Talbot 1:57.7 + 7.5
11 10 Francia Robert Manzon Simca-Gordini 2:00.4 + 10.2
12 52 Suíza Toulo de Graffenried Maserati 2:00.7 + 10.5
13 12 Francia Maurice Trintignant Simca-Gordini 2:01.4 + 11.2
14 24 Cuth Harrison ERA 2:01.6 + 11.4
15 50 Tailandia Prince Bira Maserati 2:02.2 + 12.0
16 26 Bob Gerard ERA 2:03.4 + 13.2
17 44 Italia Franco Rol Maserati 2:04.5 + 14.3
18 4 Alfredo Pián Maserati Sen tempo -
19 6 Bélxica Johnny Claes Talbot-Lago-Talbot 2:12.0 + 21.8
20 8 Harry Schell Cooper-JAP Sen tempo -
21 28 Peter Whitehead Ferrari Sen tempo -
Pechar

Carreira

Máis información Pos, Nº ...
Pos Piloto Construtor Voltas Tempo/Retirada Grella Puntos
1 34 Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 100 3:13:18.7 1 9
2 40 Italia Alberto Ascari Ferrari 99 + 1 volta 7 6
3 48 Louis Chiron Maserati 98 + 2 voltas 8 4
4 42 Francia Raymond Sommer Ferrari 97 + 3 voltas 9 3
5 50 Tailandia Prince Bira Maserati 95 + 5 voltas 15 2
6 26 Bob Gerard ERA 94 + 6 voltas 16
7 6 Bélxica Johnny Claes Talbot-Lago-Talbot 94 + 6 voltas 19
Ret 38 Italia Luigi Villoresi Ferrari 63 Eixo traseiro 6
Ret 14 Francia Philippe Étancelin Talbot-Lago-Talbot 38 Fuga aceite 4
Ret 2 José Froilán González Maserati 1 Accidente 3
Ret 32 Italia Giuseppe Farina Alfa Romeo 0 Accidente 2
Ret 36 Italia Luigi Fagioli Alfa Romeo 0 Accidente 5
Ret 16 Francia Louis Rosier Talbot-Lago-Talbot 0 Accidente 10
Ret 10 Francia Robert Manzon Simca-Gordini 0 Accidente 11
Ret 52 Suíza Toulo de Graffenried Maserati 0 Accidente 12
Ret 12 Francia Maurice Trintignant Simca-Gordini 0 Accidente 13
Ret 24 Cuth Harrison ERA 0 Accidente 14
Ret 44 Italia Franco Rol Maserati 0 Accidente 17
Ret 8 Harry Schell Cooper-JAP 0 Colisión 20
NTS 28 Peter Whitehead Ferrari Motor 21
NTS 4 Alfredo Pián Maserati Accidente nas prácticas 18
Pechar

Voltas rápidas en carreira

Máis información Pos, Nº ...
PosPilotoConstrutorTempoDife.VoltaPts
1 34 Juan Manuel Fangio Alfa Romeo 1:51.0 -  ? 1
2 14 Francia Philippe Étancelin Talbot-Lago-Talbot 1:57.9 + 6.9  ?  
3 6 Bélxica Johnny Claes Talbot-Lago-Talbot 2:00.2 + 9.2  ?  
Pechar

Notas

  • As primeiras cinco posicións na grella estaban reservadas para os cinco tempos máis rápidos da primeira sesión de cualificación do xoves. O resto da grella baséase nos tempos da segunda sesión clasificatoria do sábado.
  • Pilotos: 25 competidores, 21 cualificados para a carreira, 7 clasificados
  • Números: # 30 non asignado.
  • Líder: Juan Manuel Fangio (100-100 voltas, a carreira completa)
  • Primeira carreira na Fórmula 1 para a Scuderia Ferrari
  • Primeiro podio para a Scuderia Ferrari
  • Primeiros puntos para a Scuderia Ferrari
  • Primeira Grand Chelem na historia da Fórmula Un (pole, volta rápida, gañar e liderar todas as voltas).

Posicións logo da carreira

Máis información Pos, Piloto ...
Pechar
  • Nota: Só están incluídos os cinco primeiros postos en ambos os grupos de clasificación. Só os catro mellores resultados contan para o campionato.

Notas

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.