From Wikipedia, the free encyclopedia
A Gramática castellana é un libro de Antonio de Nebrija publicado no 1492.[1][2][3] Trátase da primeira obra dedicada ao estudo da lingua castelá e as súas regras, así como o primeiro texto impreso que analiza a gramática dunha lingua romance.[4] Neste sentido, serviu de modelo para gramáticas posteriores noutras linguas.[5]
Gramática castellana | |
---|---|
Título orixinal | Grammatica Antonii Nebrissensis |
Autor/a | Antonio de Nebrija |
Lingua | Castelán |
Xénero(s) | libro de texto |
Data de pub. | 1492 |
[ editar datos en Wikidata ] |
Ao ser presentada á raíña Isabel I en Salamanca, a monarca puxo en dúbida o mérito da obra. En defensa do autor, o fraile Hernando de Talavera contestou:
Despois de que a Súa Alteza someta a bárbaros pobos e nacións de diversas linguas, coa conquista virá a necesidade de aceptar as leis que o conquistador impón aos conquistados, e entre elas o noso idioma; con esta obra, serán quen de aprendelo tal e coma nós aprendemos o latín a través da gramática latina
Con anterioridade á Gramática de Nebrija, existían tratados sobre o uso da lingua latina, coma o Tratado sobre gramática latina (1471), de Lorenzo Valla. Porén, a de Nebrija é a primeira obra do estilo en analizar unha lingua romance. A partir da súa publicación, a gramática será considerada a disciplina que estuda as regras dunha lingua, até o desenvolvemento da lingüística como disciplina científica no século XIX.
A Gramática resultou tamén unha ferramenta para a difusión do castelán coa expansión do Imperio español a partir de 1492. Do mesmo xeito, os autores de novas gramáticas nos anos seguintes tomaron a súa obra como base en materia ortográfica.[3] Tamén influenciou as gramáticas das linguas nativas de América, como a Arte mexicana (1595) de Antonio del Rincón.[6]
A Gramática de Nebrija foi moi criticada por algúns dos seus contemporáneos, entre os que destaca Juan de Valdés. Por exemplo, de Valdés criticou a procedencia andaluza de certos vocablos latinos que el consideraba impuros e incorrectos. Porén, coincidiu con Nebrija en que o principio rector da ortografía era a fonética.[3]
Outros gramáticos posteriores afastáronse da pronuncia como vía principal para fixar as regras ortográficas. Nesta liña, o fraile Miguel de Salinas defendeu a importancia do uso, o costume ampliamente aceptado de escribir dun xeito determinado, como guía para a ortografía.[3]
Nebrija dividiu o estudo da lingua en catro áreas, e dedicou un libro a cada unha delas. Son as seguintes:
Un quinto libro está dedicado a introducir a lingua castelá a aqueles que a queiran aprender.
Na súa obra, Nebrija establece as seguintes dez partes da oración: nome, pronome, verbo, participio, preposición, adverbio, interxección, conxunción, xerundio e supino.[2]
Outras importantes gramáticas españolas seguiron á de Nebrija:
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.