escritor, avogado e xurista galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Gonzalo Rodríguez Mourullo, nado en Balcaide (Calo, Teo) o 17 de maio de 1935,[1] é un escritor, avogado e xurista galego.[2]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1935 (89 anos) Balcaide, España |
Educación | Universidade de Santiago de Compostela |
Actividade | |
Ocupación | xurista, profesor universitario |
Empregador | Universidade Autónoma de Madrid |
Membro de | |
Familia | |
Pai | José Rodríguez Vázquez |
Premios | |
É fillo de José Rodríguez Vázquez. Estudou Dereito na Universidade de Santiago de Compostela, na cal tamén se doutorou en 1959 con Premio Extraordinario, coa tese "Hurto y robo en el derecho español". En 1967 obtivo, por unanimidade e co número un, a Cátedra de Dereito Penal na Universidade de Oviedo. Posteriormente foi titular na Universidade de Santiago de Compostela (1970) e na Universidade Autónoma de Madrid desde 1970. Foi Decano da Facultade de Dereito desta última. En 1971 fundou o "Estudio Jurídico Rodríguez Mourullo".
Por resolución ministerial, foi nomeado Relator Xeral da Comisión redactora do Proxecto do novo Código penal de 1980. Así mesmo, tivo un papel destacado na elaboración do Código Penal de 1995. Actuou como avogado defensor de Emilio Botín no xuízo por xubilacións millonarias, no cal resultou absolto. Foi tamén un dos avogados do político galego Pablo Crespo durante a investigación da trama Gürtel.
Ten publicados numerosos artigos en publicacións como a Revista Jurídica de Catalunya ou Poder Judicial, así como colaboracións en obras colectivas e dirección de teses. Dende 2009 é Profesor Emérito da Universidade Autónoma de Madrid.
Dende moi novo escribiu relatos curtos, algúns publicados na revista Vamos do colexio Minerva de Compostela (actualmente, Colexio Manuel Peleteiro). Tamén colaborou no xornal vespertino La Noche, na sección ‘Letras estudiantiles’.
En 1954 publicou Nasce unha árbore, ano en que obtivo o primeiro premio de contos do Centro Galego de Bos Aires. En 1956 publicou Memorias de Tains, galardoado nas Festas Minervais. Estas obras, de influencia kafkiana, sentaron as bases dunha fonda renovación na literatura galega, o que deu orixe á Nova Narrativa Galega. Porén, Mourullo deixou de escribir e rompeu relacións co sistema literario galego.
Está casado con Matilde Otero Varela e son pais de Gonzalo, Alberto, Pablo e Laura Rodríguez-Mourullo Otero.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.