From Wikipedia, the free encyclopedia
Godzilla (ゴジラ Gojira?) é un kaiju xaponés que apareceu por vez primeira no filme de Ishirō Honda Godzilla (1954). Dende aquela, Godzilla converteuse nunha icona mundial da cultura pop protagonizando máis de 28 filmes producidos por Toho Co., Ltd.. O monstro apareceu en gran variedade de medios como videoxogos, novelas, banda deseñada e series de televisión. Producíronse dúas versións americanas con este personaxe como protagonista, o filme de 1998 e o filme de 2014.[1] O personaxe tamén é coñecido como Rei dos Monstros, un epíteto usado na versión americanizada do filme orixinal de 1954.
Gojira (ゴジラ?) é unha amálgama das palabras xaponesas " (ゴリラ gorira?) (gorila) e "鯨(クジラ) (kujira?) (balea), que se empezou a utilizar por que ao comezo da súa planificación describiuse como un cruzamento entre un gorila e unha balea[2] aludindo ao seu tamaño, poder e orixe acuática. Existe tamén unha lenda apócrifa que afirma que "Gojira" era o alcume dun traballador do Toho Studio,[3] que se puido orixinar como un chiste dos propios traballadores.[4] En man'yōgana, a escrita kana xaponesa que utiliza caracteres chineses, escríbese como Gojira (呉爾羅?).[5] A pronuncia xaponesa do nome é [ɡodʑiɽa] que deu lugar á forma anglicizada do termo, Godzilla, co que se coñece internacionalmente.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.