Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Os glucanos son un tipo de polisacáridos formados especificamente por unidades monómeras do monosacárido D-glicosa,[1] que están unidos por medio de enlaces glicosídicos. Entre eles están polisacáridos tan importantes como o glicóxeno, o amidón e a celulosa, que exercen funcións de almacenamento enerxético ou estruturais na célula.
Moitos beta-glucanos son medicamente importantes, xa que son dianas para fármacos antifúnxicos da clase da equinocandina.
Aínda que, tal como recomenda a Academia[2], para o nome dos glícidos en galego se utiliza normalmente a raíz glic (do grego glykys, doce), se ben tamén está aceptada a raíz gluc, neste caso cómpre distinguir entre parellas como glucano e glicano, que se refiren a tipos de moléculas distintos, o que se fixo aquí seguindo os usos internacionais (por exemplo, inglés glucan = galego glucano, e inglés glycan = galego glicano).
Cómpre non confundilos, xa que os glicanos son polímeros de monosacáridos formados por calquera tipo de monosacáridos unidos por enlace glicosídico, polo que o termo é sinónimo de polisacárido.[3] Glucano é un termo máis restritivo, xa que son un tipo de glicano, concretamente son glicanos que están formados especificamente por glicosa. Por tanto, os glucanos están incluídos dentro dos glicanos.
Poden dividirse en glucanos α e β, segundo a xeometría do seu enlace glicosídico.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.