piloto neerlandés de motocrós From Wikipedia, the free encyclopedia
Glenn Coldenhoff, nado en Oss o 13 de febreiro de 1991, é un piloto neerlandés de motocrós.[1]
(2022) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 13 de febreiro de 1991 (33 anos) |
Datos persoais | |
País de nacionalidade | Reino dos Países Baixos |
Actividade | |
Ocupación | piloto de motocrós |
Deporte | Motocross |
Patrocinador | Red Bull GmbH |
Compite no Campionato Mundial de Motocrós, onde ten gañado varios Grandes Premios. Coldenhoff foi un dos membros do equipo neerlandés gañador do Motocrós das Nacións de 2019, xunto a Jeffrey Herlings e Calvin Vlaanderen. A súa vitoria supuxo o primeiro triunfo holandés nos 73 anos de historia da competición.[2]
Naceu en Oss, trasladándose logo a vivir á vila de Heesch, en Brabante do Norte.[3] Comezou competindo en motocrós no 2001 na categoría de 85cc. En 2004, 2005 e 2006 gañou o título neerlandés nesta categoría. En 2007 pasou á categoría MX2, pero unha lesión no pulso estragoulle a tempada. En 2008 fixo unha aparición como invitado no Campionato do Mundo de Motocrós, en MX2. Conseguiu chegar á meta coa súa Suzuki, pero non obtivo ningún punto. Durante as dúas tempadas seguintes centrouse no Campionato de Europa de MX2.
En 2011 deu o salto definitivo ao Campionato Mundial con Yamaha. Puntuou de xeito habitual ata que se lesionou durante o Gran Premio de Suecia, rematando 21º na clasificación final. En 2012 conseguiu un asento no equipo de Jacky Martens, onde comezou a correr con KTM. Volveu lograr puntos e acabou entre os dez primeiros nalgunha carreira. Rematou noveno na clasificación final. En 2013 cambiou a outro equipo belga de KTM, no que obtivo máis éxito. Subiu ao podio dúas veces e logrou gañar o primeiro Gran Premio da súa carreira, o GP de Gran Bretaña. Acabou quinto na clasificación final.
En 2014 volveu a Suzuki. A tempada comezou ben, con tres podios e dúas vitorias seguidas. Pero a continuación tivo un accidente no que resultou gravemente ferido, perdendo a maior parte da tempada. Aínda así quedou décimo terceiro na clasificación final e participou no Motocrós das Nacións coa selección holandesa.
En 2015 subiu á clase MXGP. Na súa tempada de debut gañou un Gran Premio (Letonia)[4] e subiu ao podio outra vez máis, o que lle serviu para lograr o oitavo lugar na clasificación final. Finalizou as tempadas 2016, 2017 e 2018 como 7º, 10º e 7º respectivamente na clasificación final. En decembro de 2018 sufriu un accidente durante unha sesión de adestramento e rompeu o pulso e tres vértebras. En 2019 acadou dúas vitorias (Italia e Suecia) e acabou terceiro na clasificación final. Ese mesmo ano gañou en Assen o Motocrós das Nacións, co equipo neerlandés formado ademais por Jeffrey Herlings e Calvin Vlaanderen.[5][6]
O 9 de agosto de 2020 fixo historia ao gañar o primeiro Gran Premio de MXGP para Gas Gas en Kegums (Letonia).[7][3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.