Giovanni Battista Re
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Giovanni Battista Re, nado en Borno (provincia de Brescia) o 30 de xaneiro de 1934, e un cardeal italiano, prefecto da Congregación para os Bispos entre 2000 e 2010.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde setembro de 2014.) |
Foi ordenado sacerdote da diocese de Brescia o 3 de marzo de 1957 polo seu bispo, Giacinto Tredici.
O 9 de outubro de 1987 foi nomeado secretario da Congregación para os Bispos, e arcebispo titular de Forum Novum. Recibiu a ordenación episcopal o 7 de novembro de 1987 de mans do papa Xoán Paulo II.
O 12 de decembro de 1989 foi nomeado oficial do Secretariado de Estado da Santa Sé. O 16 de setembro de 2000 foi nomeado Prefecto da Congregación para os Bispos e Presidente da Comisión Pontificia para América Latina, e no consistorio do 21 de febreiro de 2001 o papa Xoán Paulo II creouno cardeal, co título de Cardeal-Presbítero de Santi XII Apostoli.
O 1 de outubro de 2002 foi elevado ao rango de Cardeal-Bispo de Sabina-Poggio Mirteto. O 8 de marzo de 2008 Bieito XVI nomeouno membro da Congregación para as Igrexas Orientais.[1]
En 2010 retirouse do cargo de Prefecto da Congregación para os Bispos e de Presidente da Comisión Pontificia para América Latina.
Dignidades da Igrexa católica | ||
---|---|---|
Predecesor: Lucas Moreira Neves |
Prefecto da Congregación para os Bispos 2000 - 2010 |
Sucesor: Marc Ouellet |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.