From Wikipedia, the free encyclopedia
Gilles Joye, nado en 1424 ou 1425, probablemente na vila flamenga de Courtrai, e finado o 31 de decembro de 1483 en Bruxas, foi un poeta, cantante e compositor flamengo da escola francoflamenga de música do Renacemento, e máis en concreto da primeira fase desta escola, tamén coñecida como escola de Borgoña.[1] É salientable polas súas cancións, que se distinguen polo seu estilo lírico e xocoso.
Este artigo contén varias ligazóns externas e/ou bibliografía ao fin da páxina, mais poucas ou ningunha referencia no corpo do texto. Por favor, mellora o artigo introducindo notas ao pé, citando as fontes. Podes ver exemplos de como se fai nestes artigos. |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1424 (Gregoriano) Tournai, Bélxica |
Morte | 31 de decembro de 1483 (Gregoriano) (59 anos) Bruxas, Bélxica |
Actividade | |
Ocupación | compositor, poeta, escritor |
Gilles Joye podería ser fillo de Oliver Joyes, que cara a 1420 era propietario dunha casa en Courtrai. Parece ter recibido unha excelente educación musical, aínda que hoxe non se ten información ningunha acerca disto.[2]
Gilles Joye aparece por primeira vez nun documento escrito o 16 de maio de 1449, polo que é contratado como cantante da antiga catedral de San Donaciano, en Bruxas, institución á que permanecerá conectado toda a súa vida.
Dende 1453 ata 1460 Joye foi cóengo na igrexa da Ascensión de Clèves.
En setembro de 1462 foi contratado como cantante da capela da corte de Filipe III de Borgoña, o Bo, e ocupou os cargos de clérigo auxiliar e posteriormente capelán. Esta situación será confirmada en 1467 por Carlos, o Temerario. Nesa capela estivo ao pé de compositores importantes, como Hayne van Ghizeghem e Antoine Busnois, nun cargo que ocupou oficialmente ata 1471, aínda que el deixa de ser responsable do seu servizo en 1468, por mor dunha doenza.
Durante a súa actividade na capela da corte, Joye continuou a realizar as funcións de axudante e de músico en varias igrexas e, en San Donaciano, interveu como experto en música, por exemplo nas probas de entrada de nenos coro.
Á súa morte o 31 de decembro de 1483 foi enterrado na sancristía da mesma catedral.
Hoxe só se coñecen cinco cancións de Gilles Joye. Estilisticamente sitúanse entre as cancións de Gilles Binchois e as de Antoine Busnois. Catro das súas obras son rondós, dos cales tres están en francés, e un traballo é unha balada italiana, en forma de virelai. As cancións de Joye caracterizan a música secular borgoñoa deste período: son melodiosas, claras e líricas.
Joye é un dos compositores mencionado por Guillaume Dubois no seu famoso poema Déploration sur le trépas de Jean Ockeghem, escrito con motivo da morte de Johannes Ockeghem en 1497. Neste poema aparece como un dos anxos que acollen a Ockeghem no ceo. A lista de compositores mencionados por Dubois foi unha referencia dorante moito tempo para os compositores con máis sona de finais do século XV.[3]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.