Remove ads
escultor italiano From Wikipedia, the free encyclopedia
Giambologna, sobrenome italianizado de Jean de Boulogne, nado en Douai en 1529[1] e finado en Florencia en 1608, foi un escultor flamengo, que traballou en Italia, especialmente en Florencia. En España foi coñecido, en tempos como Juan de Bolonia.
Nome orixinal | (fr) Jean de Boulogne |
---|---|
Biografía | |
Nacemento | 1529 Douai, Francia |
Morte | 13 de agosto de 1608 (78/79 anos) Florencia, Italia |
Actividade | |
Campo de traballo | Escultura, arquitectura e Manierismo |
Ocupación | escultor, arquitecto, artista visual |
Movemento | Manierismo |
Profesores | Jacques Dubrœucq |
Alumnos | Hans Mont (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Descrito pola fonte | Teutsche Academie der Edlen Bau- Bild- und Mahlerey-Künste (en) , (sec:Giambologna, 278) Grande Enciclopedia Soviética 1969-1978, (sec:Джамболонья) Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron |
Formado no seu país, Flandres, na cidade de Anveres, no obradoiro do escultor Jacques Dubroeucq,[2] no 1550 marchou para Roma, con obxectivo de estudar as estatuas antigas conservadas en coleccións privadas e máis as obras de Miguelánxelo. Precisamente o contacto coa arte do grande artista italiano fixo desenvolver no mozo flamengo a propensión a representacións de figuras con forte tensión dinámica.
Á volta da súa viaxe, Giambologna detívose en Florencia, sendo hospedado polo mecenas Bernardo Vecchietti. Nesta cidade estudou as esculturas de Tribolo e dr Pierino da Vinci e foi presentado por Vecchietti na corte de Francesco I de' Medici.
Nos primeiros anos de traballo para os Medici, que lle pagaron un salario mensual desde 1561, Giambologna realizou esculturas para espectáculos públicos e mais obras de pequeno tamaño, en mármore e bronce, para coleccións.
Logo de participar no concurso para a Fonte de Neptuno na Praza da Signoria (gañado por Ammannati), realizou a súa primeira obra de notábeis dimensións Sansón e un filisteo.
Outras cidades italianas confiáronlle importantes comandas públicas, tales Lucca, Xénova e Boloña.
Il Giambologna foi o máis importante dos escultores da época do maneirismo e o grande legado que deixou na cidade de Florencia fixo que a súa maneira fose seguida bastante tempo despois da súa morte.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.