zoólogo alemán From Wikipedia, the free encyclopedia
Gerhard Konrad Wülker, nado o 5 de novembro de 1885 en Leipzig, e finado en 1930, foi un zoólogo alemán especializado en malacoloxía e no estudo dos nematodos.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de novembro de 1885 Leipzig, Alemaña |
Morte | 1930 (44/45 anos) |
Educación | Universidade de Heidelberg Universidade de Leipzig Universidade de Kiel (pt) |
Actividade | |
Ocupación | zoólogo, malacólogo |
Gerhard Wülker era fillo do profesor de inglés da Universidade de Leipzig Richard Wülker e da súa muller Gertrude Lagne, filla do filólogo Ludwig Lange.
G. Wülker estudou o bacharelato en Leipzig, obtendo o seu título en 1904.[1] Despois estudou ciencias naturais nas Universidades de Leipzig, Heidelberg e Kiel.
Wülker publicou desde 1910 a 1920 traballos sobre os cefalópodos. No deste último ano descibiu no novo xénero Alloteuthis. Máis tarde publicou outros sobre os insectos e os nematodos.
Na súa homenaxe, unha especie de cefalópodo do xénero Grimpoteuthis foi bautizada como Grimpoteuthis wuelkeri.
A abreviatura Wülker emprégase para recoñecer a Gerhard Wülker como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.