entomólogo e curador británico From Wikipedia, the free encyclopedia
George Samouelle, nado contra 1790 e finado en 1846, foi un conservador do Museo de Historia Natural de Londres e entomólogo e malacólogo británico.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | c. 1790 |
Morte | 1846 (55/56 anos) |
Actividade | |
Ocupación | lepidopterólogo, carcinólogo |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Samouelle |
George Samouelle, empregado como libreiro para Longman & Co,[1] ingresou no Museo de Historia Natural, a pesar de "non ter ningunha aptitude científica", ao mesmo tempo que William Elford Leach.[2]
Parece que Leach axudou moito a Samouelle, e Bate e Westwood afirmaron que "o doutor Leach é a principal autoridade para o traballo de Samouelle". Cando Leach deixou o museo, Samouelle asumiu o seu cargo, pero "parecía incapaz de traballar independentemente".[2]
Vinte anos despois, en 1840, despois de descoidar o seu traballo, beber, insultar aos seus superiores e, nunha ocasión, quitarlle as etiquetas aos exemplares de Adam White, Samouelle foi despedido.[1]
Morreu algo menos de cinco anos despois.[1]
Samouelle interesouse principalmente polos lepidópteros, pero tamén escribiu A nomenclature of British Entomology, ou un catálogo con máis de 4000 especies das clases dos crustáceos, miriápodos, arañas, ácaro e insectos etc., ordenados alfabeticamente. Neste traballo describiu novos xéneros e noutros varias ordes de insectos.
Samouelle foi un dos membros fundadores do Entomological Club en 1826, xunto con Abraham Davies, Samuel Henson e Edward Newman.[3][4]
A abreviatura Samouelle emprégase para recoñecer a George Samouelle como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.