historiador danés From Wikipedia, the free encyclopedia
Jørgen Georg Castonier Galster, nado o 17 de maio de 1889 en Copengague e finado o 8 de setembro de 1983 en Hellerup, municipio de Gentofte, foi un numismático e historiador dinamarqués, vinculado á Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 17 de maio de 1889 Copenhague, Dinamarca |
Morte | 8 de setembro de 1983. (94 anos) Hellerup, Gerofte. Dinamarca |
Lugar de sepultura | Mariebjerg Cemetery (en) |
País de nacionalidade | Dinamarquesa. |
Educación | Universidade de Copenhague. |
Q89547790 | Estudos de numismática medieval dinamarquesa. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática e historiografía. |
Ocupación | historiador, numismático |
Empregador | Colección Real de Moedas e Medallas de Dinamarca |
Membro de | |
Influencias | Johannes Steenstrup. Peter Christian Hauberg. |
Familia | |
Cónxuxe | Emma Adrienne Johnsen (1922). |
Fillos | Gertrud Galster |
Premios | |
- (1946): Medalla da RNS. - (1966): Medalla Huntington (ANS). - (1974): Medalla de ouro (RADCL). | |
Georg Galster era fillo dos comerciantes Harald August Galster (1838-1924) e Elise Marie Bidstrup (1869-1937).[1][2]
En 1906 comezou a súa educación secundaria na escola Efterslægten e a continuación accedeu á Universidade de Copenhague, onde en 1913 se graduou en Historia, Latín e Lingua Dinamarquesa. Un dos seus profesores nesa época, Johannes Steenstrup, favorecéralle xa en 1910 o seu ingreso como asistente na Colección Real de Moedas e Medallas, coa intención de que fose adquirindo os coñecementos numismáticos necesarios da man do seu director, P. C. Hauberg, para se converter no sucesor deste.[3] De feito, logo da dimisión de Hauberg en 1920, Galster asumiu a dirección da colección e en 1959 foi nomeado inspector xefe.[1][2]
Logo da súa xubilación en 1959 continuou coas súas investigacións numismáticas durante varios anos e mesmo, ata 1980, tivo unha oficina no Museo Nacional de Dinamarca. Destaca, entre outras, a súa contribución ao coñecemento dos chamados "dirhems Kufi", aparecidos en diversos achados en Dinamarca.[2][4]
No relativo á súa vida familiar, Galster casou con Emma Adrienne Johnsen o 15 de agosto de 1922, con quen tivo un fillo (Gert Harald) e unha filla (Gertrud).[1][2]
Georg Galster finou como consecuencia dun infarto o 8 de setembro de 1983 e foi soterrado no cemiterio de Mariebjerg, en Gentofte.[2][5]
Entre os diversos recoñecementos acadados por Galster ao longo da súa carreira cómpre salientar a súa elección en 1949 como membro da Real Sociedade Dinamarquesa para a Historia Patria e o doutoramento honoris causa pola Universidade de Lund en 1959. O ano seguinte foi nomeado membro honorario da Asociación Numismática Dinamarquesa. Ademais, foi membro das sociedades numismáticas de diversos países, como Austria, os Países Baixos, os Estados Unidos, o Reino Unido e os países nórdicos.[1][2]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.