xénero de plantas From Wikipedia, the free encyclopedia
Genista é un xénero botánico de 90 especies de arbustos da subfamilia Faboideae. A familia Fabaceae con especies que comparten talos densos e verdes, follas miúdas, normalmente adaptados á seca, a meirande parte deles con flores brancas ou amarelas, mais tamén de cor alaranxada, rosada, vermella ou púrpura. As diferentes especies popularmente coñécense cos nomes de piornos ou xestas, mais cómpre non confundilas coas especies do xénero Cytisus (ver xesta (homónimos)). A coñecida carqueixa tamén forma parte deste xénero.
Aturan os solos pobres e necesitan de poucos coidados para o seu cultivo, utilízase na recuperación de terras queimadas, para fixación de dunas ou coma planta ornamental.
Son nativos de Europa, Oriente Medio e norte de África. En Galicia son abondosas algunhas especies.
O termo xesta (en portugués: giesta), procede do latín vulgar genĕsta, que, á súa vez, deriva do nome latino clásico da planta genista, que dá nome ao xénero. Téñase en conta que o termo xesta é máis comunmente empregado en galego para se referir ás especies do xénero achegado Cytisus. En ocasións as plantas Genista reciben o nome de codesos, mais esta denominación adóitase referir á especie leguminosa, de diferente xénero, Adenocarpus complicatus. Piorno é un termo xeneralizado do xénero.
Os reis e raíñas Plantagenet de Inglaterra tomaron o seu nome, planta Genesta ou plante genest, en alusión a unha historia que, cando Guillerme o Conqueridos se embarcou rumbo a Inglaterra, arrincou unha planta que se mantiña firme, tenazmente, a unha rocha e meteuna no seu casco como símbolo de que el tamén sería tenaz na súa arriscada tarefa. A planta foi a chamada planta genista en latín. Porén Guillerme o Conqueridor chegou moito anttes dos Plantagenet e en realidade foi Godofredo de Anjou quen foi alcumado o Plantagenet, porque levaba un ramo de flores amarelas de xesta no seu casco coma unha insignia (genêt é o nome en francés da xesta), e foi o seu fillo, Henrique II, o que se converteu no primeiro rei Plantagenet. Outras explicacións históricas son que Geoffrey plantou este arbusto coma unha cuberta de caza ou que el usábaa para se zoscar a si mesmo. Non foi até que Ricardo de York, o pai dos dous reis Eduardo IV e Ricardo III, cando os membros desta familia adoptaron o nome de Plantagenet, e despois se aplicou retroactivamente aos descendentes de Godofredo I de Anjou como o nome dinástico.[2]
As xestas genistas abundan especialmente na rexión mediterránea. O xénero abrangue arredor de 150 especies de arbustos ou gamallos espiñentos ou inermes, máis raramente herbáceas ou sufruticosas (como a xesta tintureira). As ramiñas son lisas ou estriadas e adoitan ter as follas simples ou trifoliadas, que algunhas especies perden axiña, ou incluso non teñen follas aparentes. As flores son cigomorfas papilonadas, compostas por cinco pétalos normalmente amarelos e dez estames soldados entre si polos seus filamentos, ou polo menos nove deles, formando unha especie de tubo en torno ao pistilo. Os froitos son legumes miúdos (véxase Leguminosas) comprimidos lateralmente, dehiscentes e xeralmente con varias sementes; en raras ocasións cunha única semente. A Península Ibérica é a zona onde máis diversificado está este xénero: dende grandes arbustos de até 3 m, coma a xesta branca; matos de até 1,5 m,; e gamallos miúdos de porte rastreiro típicos da alta montaña.
As xestas genistas teñen numerosos usos. Algunhas especies utilízanse para obter tinturas, outras coma combustíbel nos fornos do xeso e do cal e outras para formar sebes, comúns tas autoestradas galegas. A carqueixa (Genista tridentata) ten usos medicinais.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.