Jabir ibn Hayyan

From Wikipedia, the free encyclopedia

Jabir ibn Hayyan

Abu Mūsā Jābir ibn Hayyān (en árabe: جابر بن حیان, en persa: جابر بن حیان, que tamén recibiu os nisbas de al-Bariqi, al-Azdi, al-Kufi, al-Tusi ou al-Sufi e tamén coñecido coa forma latinizada do seu nome, Geber, nado en Tus (Persia) contra o 721 e finado en Kufa contra o 815,[1] foi un polímata: alquimista e químico, astrónomo e astrólogo, enxeñeiro, xeógrafo, filósofo, médico e farmacéutico. Foi descrito como o pai da química inicial.[2][3]

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Jabir ibn Hayyan
Thumb
Biografía
Nacemento721
Tus, Irán
Morte815 (93/94 anos)
Cufa, Iraq (pt)
RelixiónIslam e Xiísmo
Actividade
Campo de traballoAlquimia e química
Ocupaciónastrónomo, alquimista, polímata, médico, filósofo, matemático, farmacéutico
Período de tempoIdade do Ouro islámica
ProfesoresJa'far al-Sadiq
AlumnosDhul-Nun al-Misri (pt)
Obra
Obras destacables

Descrito pola fonteNordisk familjebok
Enciclopedia de Otto
Dicionario Enciclopédico Brockhaus e Efron
Pechar

Xa a principios do século X, a identidade e os traballos propios de Jabir eran discutidos en círculos islámicos.[4] O seu nome foi latinizado como "Geber" no mundo occidental e no século XIII un escritor anónimo, que adoita ser citado como Pseudo-Geber, redactou obras sobre alquimia e metalurxia baixo o nome de Geber.[5]

Traxectoria

Jabir naceu contra o ano 721 na provincia de Khurasan, en Persia oriental. Fillo dun farmacéutico da tribo azd, orixinaria do Iemen, que foi executado por participar nunha conspiración contra o califato Omeia, foi enviado a Arabia, onde estudou matemáticas e foi discípulo do imán xiíta Ya`far as-Sadiq. Tras este período, viviu case toda a vida en Kufa (Iraq). A pesar das súas inclinacións ao misticismo (foi alcumado al-Sufa) e á superstición, recoñecía claramente a importancia da experimentación:

A primeira cousa esencial na alquimia, é que se deben levar a cabo traballos aplicados e experimentos, xa que aquel que non os realiza xamais alcanzará os máis altos graos do coñecemento.

Os seus traballos constituíron avances significativos para a alquimia, tanto no plano teórico como no da experimentación. Os seus libros influíron notablemente nos alquimistas europeos. Atribúeselle a paternidade dun gran número de instrumentos de laboratorio.

Teoría

A pesar de coñecer a existencia dos elementos químicos, Jabir ibn Hayyan prefería clasificalos como "substancias". Isto débsese a que á vez apoiaba a teoría dos catro elementos (auga, lume, terra e aire).

Jabir adoptou inicialmente a existencia de catro naturezas: calor, humidade, frialdade e sequidade. Estas naturezas únense coas substancias e desta unión nacen os compostos de primeiro grao, é dicir, o quente, o húmido, o frío e o seco. Á súa vez, estes compostos producen os elementos segundo o esquema:

  • Quente + Seco + Substancia = Lume
  • Quente + Húmido + Substancia = Aire
  • Frío + Húmido + Substancia = Auga
  • Frío + Seco + Substancia = Terra

Non obstante, complica máis a súa teoría, xa que introduce unha distinción entre as naturezas internas e as naturezas externas do metal. Por exemplo, o chumbo é quente e húmido no seu interior, pero frío e seco no seu exterior.[6]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.