O ge'ez[4] (ግዕዝ, gəʿəz) é unha antiga lingua semítica meridional que xurdiu en Eritrea e na rexión norte de Etiopía, no Corno de África. Foi a lingua oficial do Reino de Aksum e da corte imperial etíope.

Datos rápidos Ge'ez ግዕዝ, Status oficial ...
Ge'ez
ግዕዝ
Pronuncia:[ɡɨʕɨz]
Outros nomes:Gəʿəz
Falado en: Etiopía e Eritrea
Rexións: África oriental
Extinción: Crese que existiu entre os séculos IV[1] e X.[2]
Familia: Afroasiática
 Semítica
  Meridional
   Ge'ez
Escrita: Escrita ge'ez
Status oficial
Lingua oficial de: Lingua litúrxica da Igrexa etíope tewahedo, Igrexa eritrea tewahedo, Igrexa católica etíope, Igrexa católica eritrea e Beta Israel[3]
Códigos de lingua
ISO 639-1: --
ISO 639-2: gez
ISO 639-3: gez
Mapa
Status
Pechar

Hoxe, o ge'ez mantense como lingua litúrxica da Igrexa etíope tewahedo, da Igrexa eritrea tewahedo, da Igrexa católica etíope, da Igrexa católica eritrea, e da comunidade xudía Beta Israel. Porén, o amhárico etíope (a principal lingua franca da moderna Etiopía) ou outras linguas locais, poden ser empregadas para os sermóns. O tigriña e o tigré están estreitamente relacionadas co ge'ez.[5] Porén, algúns lingüistas non cren que o ge'ez constitúa o devanceiro común das linguas etíopes modernas, senón que o ge'ez converteuse nunha lingua separada a partir dunha hipotética lingua non atestada,[6] e que en realidade é unha lingua irmá extinta do tigré e o tigriña.[7]

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.