Gary Moore

From Wikipedia, the free encyclopedia

Gary Moore

Robert William Gary Moore, nado en Belfast, Irlanda, o 4 de abril de 1952 e finado en Estepona, España, o 6 de febreiro de 2011,[1] foi un guitarrista, vocalista e produtor de blues e hard rock. A súa carreira pasou por diversas épocas, mais son as súas aportacións como guitarrista nas bandas Thin Lizzy, Colosseum II e Skid Row ás que lle brindaron unha fama internacional, amais dunha extensa carreira en solitario, mesturando o blues rock con outros xéneros.

Datos rápidos Biografía, Nacemento ...
Gary Moore
Thumb
Biografía
Nacemento(en) Robert William Gary Moore
4 de abril de 1952
Belfast, Reino Unido
Morte6 de febreiro de 2011 (58 anos)
Estepona
Causa da morteinfarto agudo de miocardio
Lugar de sepulturaSt Margaret's Church (en)
EducaciónAshfield Boys' High School (en)
Altura1,7 m
Lateralidademanicho
Actividade
Ocupaciónguitarrista, cantante, produtor musical, compositor de cancións, artista discográfico
Período de actividade1969 - 2011
Membro de
Colosseum II (pt) (1975–1978)
Skid Row (banda irlandesa) (pt) (1968–1971)
Thin Lizzy
Xénero artísticoMúsica rock, Blues rock, hard rock, heavy metal tradicional (pt) , Fusion e Blues
TesituraBarítono

InstrumentoGuitarra, Gibson Flying V, Fender Stratocaster, Jackson Soloist (pt) e voz
Selo discográficoVirgin Records

Descrito pola fonteObálky knih,
Sitio webgary-moore.com
iTunes: 519368 Last fm: Gary+Moore WikiTree: Moore-80340 Genius: Gary-moore
Pechar

Moore, doutra banda, foi coñecido por ser un dos guitarristas máis solicitados para traballar en discos doutros artistas como Greg Lake, Cozy Powell, John Mayall, Mick Jagger e Jack Bruce, entre moitos outros, e tamén foi un dos primeiros músicos en mesturar o rock coa música celta.

Como guitarrista, o irlandés demostrou un colosal talento como intérprete e creador, móvendose entre o virtuosismo co instrumento e as cancións ricas en matices e recoñecemento popular. Foi nomeado como influencia por outros afamados guitarristas que iniciaron a súa carreira nas últimas tres décadas como Eric Gales, Jeff Healey, Jonny Lang,Robert  Randolph, Eric Johnson, John Mayer, Kenny Wayne Shepherd e Scott Henderson, entre outros.[2]

Traxectoria

Moore iniciou a súa traxectoria profesional aos dezaseis anos de idade, tendo a Jeff Beck, Eric Clapton, Peter Green e Jimi Hendrix como ídolos, e participando nas gravacións dun álbum da banda de folk Dr. Strangely Stranger. Pouco despois ingresou na banda irlandesa Thin Lizzy, onde coñeceu o seu fiel compañeiro Phil Lynott. Nesta agrupación gravou o tema «Still in Love With You» do álbum Nightlife (1974) e máis tarde gravou integramente Black Rose: A Rock Legend (1979).

A pesar do fanatismo polo blues, o jazz tamén lle interesaba, tanto que foi o estilo máis explorado no seu primeiro álbum en solitario, Grinding Stone (1973).

Fixo a súa carreira en solitario, obtendo moito éxito en Europa e o Xapón, salientando dúas fases distintas, comezando coa máis dura en discos como Corridors Of Power, Victims Of Future e Wild Frontier na década de 1980, cos que acadou o recoñecemento mundial e bos resultados nas listaxes musicais e en vendas. Nos anos noventa, polo contrario, dedicouse completamente ao blues, e en especial ao blues rock, que con discos como Still Got the Blues (1990) e After Hours (1992) lle permitiu compartir con artistas como B.B. King, Albert Collins, George Harrison e Albert King, entre outros. No seguinte decenio decidiu mesturar as súas influencias, dando paso a álbums que flutuaron entre o hard rock e o blues rock.

Faleceu en febreiro de 2011 dun ataque ao corazón nun hotel de Estepona.[3]

Thumb
Lápida de Gary Moore no cemiterio St. Margaret de Rottingdean

Discografía

  • Skid Row (1970)
  • 34 hours (1971)
  • Gary Moore-Brush Shiels-Noel (1971, publicado en 1990)
  • Grinding Stone (1973)
  • Back on the Streets (1979)
  • G-Force (1980)
  • Live at the Marquee (1981)
  • Gary Moore (1982)
  • Corridors of Power (1982)
  • Victims of the Future (1983)
  • Dirty Fingers (1984)
  • We Want Moore (1984)
  • Run for Cover (1985)
  • Rockin' Every Night - Live in Japan (1986)
  • Wild Frontier (1987)
  • After the War (1989)
  • Still Got the Blues (1990)
  • After Hours (1992)
  • Blues Alive (1993)
  • Around the Next Dream (1994)
  • Ballads & Blues 1982-1994 (1994)
  • Blues for Greeny (1995)
  • Dark Days in Paradise (1997)
  • Out in the Fields (1998)
  • Blood of Emeralds (1999)
  • A Different Beat (1999)
  • Back to the Blues (2001)
  • Best of the Blues (2002)
  • Have Some Moore - The Best Of (2002)
  • Live at Monsters of Rock (2003)
  • Parisienne Walkways: The Blues Collection (2003)
  • Power of the Blues (2004)
  • Old New Ballads Blues (2006)
  • The Platinum Collection (2006)
  • Close As You Get (2007)
  • Bad for You Baby (2008)

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.