Garudá

From Wikipedia, the free encyclopedia

Garudá

Garudá é un paxaro mítico, considerado un deus menor (ou semideus) no hinduísmo e no budismo.

Thumb
Garudá, o heraldo dos deuses.
Thumb
Garudá no escudo nacional de Indonesia.
Thumb
Garuda, Belur (India).

Xeralmente é iconizado como unha aguia xigante e antropomórfica: corpo humano de cor dourada, rostro branco, peteiro de aguia e grandes ás vermellas. É moi antigo, enorme e pode tapar a luz do Sol.

Etimoloxía

Posiblemente Garudá proveña da raíz grī e signifique ‘devorador’, quizais, porque antigamente era identificado co devastador fogo do Sol. Aínda que no alfabeto devanágari non leva ningún acento diacrítico (polo que debería ser grave), a pronunciación aguda /garudá/ provén de tradición oral.[1]

Formas de escrita:

Mitoloxía

É xefe da raza das aves e inimigo da raza das serpentes, vahana do deus Visnú,[2] e fillo de Kashiapa e Vinatā. Segundo o sagrado texto épico Mahábharata, ao nacer Garudá, os deuses aterráronse debido ao seu terrible brillo corporal. Supuxeron que era Agní (o deus do lume) e pedíronlle protección. Logo descubriron que era un bebé, e aínda así loárono como un ser supremo e chamárano Lume e Sol (segundo o Mahábharata, 1. 1239).[2]

Aruná, o amencer personificado e auriga de Suria (o deus do Sol), é irmán máis vello —ou irmán máis novo—[2] de Garudá. Swahá, a esposa de Agnídev (o deus do fogo), adopta a forma dunha Garudī feminina, tamén chamada Suparṇī (segundo o Suparṇādhiāia e o Taittirīia āraṇiaka)[1] para aparearse con Garudá (segundo o Mahábharata, 3. 14307 e 3. 14343).[1]

Garudá, xunto cos rishis, axudou a crebar as hostilidades entre Indra (o rei do ceo) e o piadoso asura (‘demonio’) Vritra.

No Xapón, Malaisia, Indonesia e Tailandia

Considérase que Garudá é a versión malaia do mito da ave Fénix (ser que podía renacer das súas cinzas). Indonesia e Tailandia teñen esta ave como símbolo nacional. A liña aérea nacional de Indonesia chámase Garudā Airlines.

Os xaponeses tamén coñecen a Garudá, a quen denominan Karurá. Din que Garudá comía aos seus inimigos serpentes até que un príncipe budista lle ensinou a importancia do vexetarianismo. Despois Garudá resucitou todas as víboras que comera e dixerira.

Outros Garudá

  • Garudá: nome dun fillo de Krisná (segundo o Jari vamsha, 9196).[1]
  • garudá: nome dun ordenamento peculiar dun exército, coa forma da ave Garudá (segundo o Mánava samjitá, 7. 187, de Manu).[1]
  • garudá: nome dun edificio de planta con forma básica da ave Garudá (segundo o Brijat samjitá, de Varaja Mijira).[1]
  • garudá: nome do décimo cuarto período kalpa.[1]
  • Garudá: na relixión xainista, nome do servente do décimo sexto arhat do actual avasarpiṇī (segundo lexicógrafos sánscritos, tales como Amara Siṃja, Jalaiuda, Jema Chandra etc.).[1]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.