From Wikipedia, the free encyclopedia
Os galegos nos Estados Unidos de América ou galegoamericanos son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron nos Estados Unidos de América. En 2023 eran máis de 22 000.[2]
A migración galega aos Estados Unidos tivo lugar principalmente entre 1868 e 1930,[3] aínda que houbo unha segunda vaga migratoria máis pequena a finais da década de 1940 e na de 1950, época na que os galegos chegaron a formar unha pequena comunidade en Newark.[4]
Censo electoral de galegos residentes nos EEUU [5] por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [2] | |
---|---|
Provincia da Coruña | 10.343 |
Provincia de Lugo | 2.999 |
Provincia de Ourense | 4.297 |
Provincia de Pontevedra | 5.280 |
Total de galegos nos Estados Unidos [5] | 22.919 |
Hai varias personalidades galegas que viven ou viviron un tempo nos Estados Unidos, pero que non están nacionalizados norteamericanos, como a música Cristina Pato ou o mestre Anxo Brea.[6] A lista de máis abaixo refírese só a aqueles que teñen a nacionalidade estadounidense con ascendencia total ou parcial galega.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.