Os galegos no Reino Unido son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron no Reino Unido. No ano 2016, eran arredor de 13 902 habitantes.[1] A inmigración galega no Reino Unido formou unha das comunidades de galegos máis importantes en Europa, sendo a cuarta diáspora galega nun país europeo.[2][3] O Reino Unido ocupa o décimo lugar do mundo con máis presenza galega, por detrás doutros países europeos como Alemaña, Suíza ou Francia.
Historia
Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder.[4] Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, ao Reino Unido.
Censo electoral de galegos residentes no Reino Unido por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [5] | |
---|---|
Provincia da Coruña | 8.020 |
Provincia de Lugo | 1.334 |
Provincia de Ourense | 816 |
Provincia de Pontevedra | 3384 |
Total de galegos no Reino Unido | 13.554 |
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.