diáspora galega From Wikipedia, the free encyclopedia
Os galegos en Francia son os inmigrantes galegos, e os seus descendentes, que se asentaron en Francia. No ano 2016, eran arredor de 18 000 habitantes.[1] A inmigración galega en Francia formou unha das maiores comunidades de galegos en Europa, sendo a segunda maior diáspora galega nun país europeo, só por detrás de Suíza.[2][3] Francia ocupa o oitavo lugar do mundo con máis presenza galega, por diante doutros países europeos como Alemaña ou o Reino Unido.
Historicamente, Galicia foi un exportador neto de poboación para o resto de España e a inmigración galega foi masiva entre finais do século XIX e comezos do século XX. Entre 1900 e 1981, a saída neta de persoas de Galicia foi de máis de 825 000. Tamén tivo un factor importante a guerra civil española, a caída da Segunda República Española e a chegada de Francisco Franco ó poder.[4] Isto motivou unha nova onda de emigración cara a fóra de Galicia a outros países europeos, sobre todo a Francia, Suíza, Alemaña e, en menor medida, ao Reino Unido.
Censo electoral de galegos residentes en Francia por provincia de inscrición, a 1/9/2023 [5] | |
---|---|
Provincia da Coruña | 4.258 |
Provincia de Lugo | 2.317 |
Provincia de Ourense | 5.219 |
Provincia de Pontevedra | 5.536 |
Total de galegos en Francia | 17.330 |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.