Galactocerebrósido

composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia

Galactocerebrósido

Os galactocerebrósidos (ou galactosilceramidas) son un tipo de glicolípido cerebrósido constituído por unha ceramida unida a unha molécula do azucre galactosa polo grupo 1-hidroxilo.

Thumb
Un galactocerebrósido.

A galactosa deste composto pode ser clivada polo encima galactosilceramidase (ou galactocerebrosidase). Un déficit deste encima causa a doenza de Krabbe na que se acumulan galactocerebrósidos.[1]

O galactocerebrósido é un marcador para os oligodendrocitos do cerebro, tanto se forman mielina coma se non.[2][3]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.