O Grupo dos 20, coñecido habitualmente como G20 ou G-20, é un foro de 19 estados, máis a Unión Europea, onde se reúnen regularmente, dende 1999, xefes de Estado, gobernadores de bancos centrais e ministros de finanzas. Está constituído por sete dos países máis industrializados -Alemaña, Canadá, Estados Unidos, Francia, Italia, o Reino Unido e o Xapón (G7), máis Rusia (G8), máis once países recentemente industrializados de todas as rexións do mundo, así como a Unión Europea. Dende 2009, o G20 desprazou ao G8 e ao G8+5 como foro de discusión da economía mundial.[1]

Datos rápidos Acrónimo, Tipo ...
G20
Thumb
     Estados membros     Estados representados da U.E.     Estado invitado
Thumb
AcrónimoG20
Tipogrupo xeopolítico, organización internacional e organización intergobernamental
Data de fundación26 de setembro de 1999
Fundador(es)G7 e Paul Martin
Nº de membros20 Editar o valor en Wikidata
Na rede
https://g20.org
Facebook: g20org Twitter: g20org Instagram: g20org Editar o valor en Wikidata
[ editar datos en Wikidata ]
Pechar

Función

É un foro de cooperación e consultas entre os países en temas relacionados co sistema financeiro internacional. Estuda, revisa e promove discusións sobre temas relacionados cos países industrializados e as economías emerxentes, co obxectivo de manter a estabilidade financeira internacional, e de encargarse de temas que estean máis aló do ámbito de acción doutras organizacións de menor xerarquía.

Historia

O Grupo dos Vinte (G20) de Ministros de Finanzas e Gobernadores de bancos centrais estabeleceuse en 1999, para reunir ás economías industrializadas e en desenvolvemento máis relevantes e debater cuestións clave na economía mundial. A conferencia inaugural do G20 levouse a cabo en Berlín do 15 ao 16 de decembro de 1999, organizada polos ministros de finanzas de Alemaña e o Canadá.[2]

O Cume de Washington celebrado o 15 de novembro de 2008 na capital estadounidense, é considerado como unha das reunións máis importantes do G20, xa que tratou da reforma do sistema financeiro mundial. Foi proposto pola Unión Europea e organizado polos Estados Unidos. O 2 de abril de 2009 celebrouse o chamado Cume de Londres. En setembro de 2009 tivo lugar a reunión de Pittsburgh, Estados Unidos, onde formalmente se decidiu que o G-20 substituíse ao G8 ou ao G8+5 de aí en diante no concernente aos plans de desenvolvemento mundial en conxunto. O 26 de xuño de 2010 celebrouse o cuarto cume do G-20 de Toronto, Canadá. A conferencia do G-20 en Seúl, Corea do Sur, tivo lugar en novembro de 2010. Dende ese ano, o número de invitados sería de cinco.

Membros

Máis información Rexión, Membro ...
Rexión Membro Comercio
mil. USD (2012)
PIB Nominal
mil. USD (2012)
PIB (PPA)
mil. USD (2012)
Nom. per capita
USD (2012)
PPA. per capita
USD (2012)
IDH (2012) Poboación Clasificación
económica (FMI)
Europa Alemaña Alemaña 2 768 000 3 400 579 3 197 069 41.512 39.028 0,920 81 757 600 Avanzada
Oceanía Australia Australia 522.000 1 541 797 970.764 67.722 42.640 0,938 22 328 632 Avanzada
Oriente Medio Arabia Saudita 518.300 727.307 906.806 25.084 31.275 0,782 27 123 977 Desenvolv.
América do Sur Arxentina 152.690 474.954 743.121 11.576 18.112 0,811 40 117 096 Desenvolv.
América do Sur Brasil 494.800 2 395 968 2 355 586 12.078 11.875 0,730 193 088 765 Desenvolv.
América do Norte Canadá 962.600 1 819 081 1 488 311 52.231 42.734 0,911 34 088 000 Avanzada
Asia China 3 801 000 8 227 037 12 405 670 6.075 9.161 0,699 1 339 724.852 Desenvolv.
Asia Corea do Sur 1 068 700 1 155 872 1 613 921 23.112 32.272 0,909 50 004 441 Avanzada
América do Norte Estados Unidos de América Estados Unidos 3 969 000 15 684 750 15 684 750 49.922 49.922 0,937 316 173 000 Avanzada
Europa Francia 1 226 400 2 608 699 2 254 067 41.140 35.547 0,893 65 447 374 Avanzada
Asia India India 809.400 1 824 832 4 684 372 1.491 3.829 0,554 1 210 193.422 Desenvolv.
Asia Indonesia 384.100 878.198 1 216 738 3.592 4.977 0,629 237 556 363 Desenvolv.
Europa Italia Italia 953.000 2 014 079 1 832 916 33.115 30.136 0,881 60 325 805 Avanzada
América do Norte México 756.800 1 177 116 1 758 896 10.247 15.311 0,775 112 211 789 Desenvolv.
África Sudáfrica Suráfrica 208.000 384.315 582.391 7.506 11.375 0,629 53 000 000 Desenvolv.
Europa Reino Unido Reino Unido 1 127 000 2 440 505 2 336 295 38.588 36.941 0,875 62 041 708 Avanzada
Eurasia Rusia Rusia 900.600 2 021 960 2 513 299 14.246 17.708 0,788 143 400 000 Desenvolv.
Europa Turquía Turquía 370.800 794.468 1 123 380 10.609 15.001 0,722 72 561 312 Desenvolv.
Europa Unión Europea Unión Europea 4 567 000 16 414 483 16 073 550 32.708 32.028 0,876 501 259 840 N/A
Asia Xapón 1 649 800 5 963 969 4 627 891 46.735 36.265 0,912 127 390 000 Avanzada
Pechar

Galería

Notas

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.