numismático e bibliotecario inglés From Wikipedia, the free encyclopedia
Frederic William Madden, nado o 9 de abril de 1839 en Londres e finado o 21 de xuño de 1904 en Brighton, foi un numismático inglés vinculado ao Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico, considerado unha autoridade na moeda romana, xudía e cristiá.[1]
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 9 de abril de 1839 Museo Británico, Reino Unido |
Morte | 21 de xuño de 1904 Brighton. |
País de nacionalidade | Británica |
Q89547790 | Estudos de numismática romana, xudía e cristiá. |
Actividade | |
Campo de traballo | Numismática |
Ocupación | bibliotecario, numismático |
Empregador | Museo Británico |
Familia | |
Cónxuxe | Elizabeth Sarah Rannie. |
Pai | Sir Frederic Madden |
Premios | |
1896: Medalla da RNS. | |
Descrito pola fonte | Dictionary of National Biography, second supplement (en) |
Frederic W. Madden foi o maior dos seis fillos de Frederic Madden (1801-1873), un anticuario e paleógrafo que traballaba como conservador nesa institución, e da súa muller, Emily Sarah Robinson (1813-1872). Madden naceu nas propias instalacións do Museo Británico, onde a súa familia tiña a súa residencia.[2][3]
Logo de cursar a súa educación primaria e secundaria nas escolas Merchant Taylors, St Paul e Charterhouse, foi contratado como asistente polo Departamento de Moedas e Medallas do Museo Británico en 1861, onde permaneceu ata 1868, cando tivo que renunciar logo dunha investigación sobre a venda dunhas copias de moedas romanas.[2][3]
Despois Madden traballou en varias exposicións internacionais. En 1874 foi nomeado secretario e bibliotecario do Brighton College, en Brighton, Sussex oriental, e de 1888 a 1902 foi o bibliotecario xefe da Biblioteca Pública da cidade.[2][3]
Madden foi elixido membro da Royal Numismatic Society en 1858 e en 1860 foi nomeado secretario da institución, de cuxo xornal Numismatic Chronicle foi editor adxunto entre 1860 e 1868. En 1898 foi nomeado membro honorífico desa sociedade. Tamén pertenceu á Royal Asiatic Society desde 1877, e a diversas entidades académicas en Norteamérica.[3][4]
Frederic William Madden estaba casado con Elizabeth Sarah Rannie, con quen tivo catro fillos. Faleceu en Holt Lodge, Brighton, o 21 de xuño de 1904.[3][5]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.