futbolista español From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Sedano Antolín, nado en Madrid o 2 de decembro de 1979, é un ex-porteiro español de fútbol sala coñecido como Paco Sedano. Foi primeiro capitán e porteiro do F. C. Barcelona de Primeira División da LNFS.[1][2]
(2012) | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Biografía | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Nacemento | 2 de decembro de 1979 (44 anos) Madrid, España | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Actividade | |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Ocupación | xogador de fútbol sala, futbolista | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Período de actividade | 1998 - | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Deporte | fútbol sala | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Posición de xogo | Porteiro | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Número deportivo | 28 | ||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
| |||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||||
Está considerado un dos tres mellores porteiros de Móstoles xunto a David Cobeño e Iker Casillas. O seu irmán Kikillo tamén xoga ao fútbol sala como á e peche do Massey Ferguson Valdepeñas en Segunda División, con el coincidiu varias tempadas no histórico equipo do Móstoles F.S. que ascendeu a División de Honra.
Xogador de fútbol sala criado en Móstoles. Xogou na liga Municipal desta cidade durante algúns anos e proseguiu a súa traxectoria en División de Honra de xuvenís en Madrid e nos Autos García de Coslada para finalmente recalar no equipo da súa cidade, o Móstoles F.S. club no que xogou sete tempadas. Tras a campaña 2006/2007, fichou polo F.C. Barcelona Mobicat como parte do ambicioso proxecto de situar a este equipo, a curto prazo, como un dos mellores da División de Honra. É o único xogador madrileño en gañar a copa Comunidade de Madrid e a Copa Cataluña.[3]
O 10 de xaneiro de 2018, foi elixido como mellor porteiro do mundo do ano 2017.[4] O 13 de xuño anunciou a súa retirada como porteiro profesional.[5][6] O 19 de xuño xogou o seu derradeiro partido como profesional no quinto partido da final dos play-offs pola liga ante o Inter Movistar, onde o club madrileño se impuxo nos penaltis.[7]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.