A UEFA Futsal Chamapions League (antigamente chamada UEFA Futsal Cup) é a máxima competición continental de fútbol sala a nivel de clubs en Europa. Nela compiten os campións das 48 ligas europeas, así como o campión da edición anterior. O equipo gañador é considerado o campión de Europa. O torneo foi creado en 2001 pola UEFA para substituír o non oficial Campionato de Europa de Clubs, que fora creado en 1984 de xeito independente polas propias ligas europeas á marxe da UEFA.
Tipo | futsal competition (en) |
---|---|
Deporte | fútbol sala |
Organizador | UEFA |
Número de participantes | 56 |
Localización e Datas | |
Vixencia | 2001 – |
Calendario da tempada | outono – |
Período de ocorrencia | 1 ano |
Competición | |
Primeiro posto | Associació Esportiva Manacor (1º) (2023) |
Datos estatísticos | |
Máis títulos | Inter Fútbol Sala (5) |
Outro | |
Páxina web oficial | uefa.com… |
Formato
Na edición 2011-12 o formato da competición foi o seguinte:
- Rolda previa. Dos 49 equipos participantes, os 28 correspondentes ás ligas nacionais cunha inferior puntuación na clasificación da UEFA, tiveron que disputar unha rolda previa. Esta rolda previa consistiu en 7 grupos de 4 equipos que xogaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal os 7 equipos que se clasificaron en primeira posición, acadaron o pase para a seguinte rolda.
- Rolda principal. Os 7 equipos clasificados dende a rolda previa, e os outros 17 equipos clasificados directamente para a rolda principal, foron repartidos en 6 grupos de 4 equipos, e disputaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal clasificáronse para a seguinte rolda os 2 primeiros clasificados de cada grupo.
- Rolda Elite. A esta rolda chegaron os 12 equipos clasificados dende a rolda principal, e os 4 equipos clasificados directamente, que son os 4 equipos correspondentes ás 4 ligas punteiras na clasificación na UEFA. Estes 16 equipos foron de novo divididos en 4 grupos, e disputaron unha liguiña de 3 xornadas, ó cabo da cal clasificáronse para a Final Four os líderes de cada grupo.
- Final a catro. Nun mesmo fin de semana disputáronse as dúas semifinais, o encontro polo 3º e 4º posto e a gran final, nun mesmo pavillón.
Palmarés
O palmarés da UEFA Futsal Champions League está dominado polos clubs da LNFS española, que saíron campións en 6 das 12 edicións. O Inter FS é o club máis laureado do continente, con 3 títulos e 2 subcampionatos.
| |||||||||||||||
Tempadas | CAMPIÓN | Resultados | Subcampión | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2018/19 | Sporting CP | 2-1 | Kairat Almaty FC | ||||||||||||
2017/18 | Inter FS | 5-2 | Sporting CP | ||||||||||||
2016/17 | Inter FS | 7-0 | Sporting CP | ||||||||||||
2015/16 | Ugra Yugorsk | 4-3 | Inter FS | ||||||||||||
2014/15 | Kairat Almaty FC | 3-2 | FC Barcelona Futsal | ||||||||||||
2013/14 | FC Barcelona Futsal | 5-2 | MFK Dinamo Moscova | ||||||||||||
2012/13 | Kairat Almaty FC | 4-3 | MFK Dinamo Moscova | ||||||||||||
2011/12 | FC Barcelona Futsal | 3-1 | MFK Dinamo Moscova | ||||||||||||
2010/11 | Città di Montesilvano | 5-2 | Sporting CP | ||||||||||||
2009/10 | SL Benfica | 3-2 | Inter FS | ||||||||||||
2008/09 | Inter FS | 5-1 | MFK Viz-Sinara | ||||||||||||
2007/08 | MFK Viz-Sinara | 4-4 P. | El Pozo Murcia | ||||||||||||
2006/07 | MFK Dinamo Moscova | 2-1 | Inter FS | ||||||||||||
2005/06 | Inter FS | 6-3 e 4-3 | MFK Dinamo Moscova | ||||||||||||
2004/05 | Action 21 Charleroi | 4-3 e 6-6 | MFK Dinamo Moscova | ||||||||||||
2003/04 | Inter FS | 4-1 e 4-3 | SL Benfica | ||||||||||||
2002/03 | Playas de Castellón FS | 1-1 e 6-4 | Action 21 Charleroi | ||||||||||||
2001/02 | Playas de Castellón FS | 5-1 | Action 21 Charleroi |
Malia que a UEFA non recoñece como oficiais as edicións disputadas antes do ano 2002, moitos clubs engaden no seu palmarés os títulos acadados no antigo Campionato de Europa de Clubs, que daquela organizaban as propias ligas europeas. Naquela competición salientou por riba doutros clubs o MFK Dina Moscova, que deixou constancia do seu gran nivel disputando 5 finais, das que gañou 3.
| |||||||||||||||
Tempadas | CAMPIÓN | Resultados | Subcampión | ||||||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
2000/01 | Playas de Castellón FS | 4-2 | MFK Dina Moscova | ||||||||||||
1999/00 | Caja Segovia FS | 4-1 | Gruppo Sportivo BNL | ||||||||||||
1998/99 | MFK Dina Moscova | 2-1 | SS Lazio | ||||||||||||
1997/98 | CLM Talavera | 3-3 P. | MFK Dina Moscova | ||||||||||||
1996/97 | MFK Dina Moscova | 2-2 P. | Gruppo Sportivo BNL | ||||||||||||
1995/96 | Gruppo Sportivo BNL | 5-4 | AD Super Sego FS | ||||||||||||
1994/95 | MFK Dina Moscova | 6-5 | Maspalomas FS | ||||||||||||
1993/94 | Marsanz Torrejón FS | 11-3 | MNK Uspinjača Zagreb | ||||||||||||
1992/93 | - | Non se disputou | - | ||||||||||||
1991/92 | - | Non se disputou | - | ||||||||||||
1990/91 | Inter FS | 7-0 | AR Freixieiro | ||||||||||||
1989/90 | Roma RCB | 2-1 | La Garriga FS | ||||||||||||
1988/89 | MNK Uspinjača Zagreb | 3-0 | MNK Kutina | ||||||||||||
1987/88 | ZVK Ford Genk | 3-0 | FC Kras Boys | ||||||||||||
1986/87 | Næstved IF | 7-0 | ZVK Hasselt | ||||||||||||
1985/86 | Drei Keuninge | 3-3 P. | ZVK Hasselt | ||||||||||||
1984/85 | ZVC Hoboken | 3-3 P. | FC Kras Boys |
Véxase tamén
Outros artigos
Ligazóns externas
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.