sindicalista e político galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Francisco Mazariegos Martínez, nado na Coruña o 5 de xaneiro de 1904 e finado na mesma cidade o 31 de agosto de 1936, foi un sindicalista e político galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de xaneiro de 1904 A Coruña, España |
Morte | 31 de agosto de 1936 (32 anos) A Coruña, España |
Causa da morte | pena de morte, ferida por arma de fogo |
Actividade | |
Ocupación | sindicalista, empregado de banca |
Empregador | Banco Pastor |
Familia | |
Cónxuxe | Mercedes Romero Abella |
Empregado de banca, traballaba no Banco Pastor da Coruña. Foi presidente do Sindicato de Banca da UGT e estaba afiliado á Agrupación Socialista da Coruña. Foi o autor do emblema da bandeira da Federación Española de Trabajadores del Crédito y las Finanzas en 1933-1934. Pertenceu ao Comité Revolucionario da Coruña durante a folga xeral revolucionaria de 1934, foi detido e condenado a seis anos de prisión. Saíu da cadea coa amnistía de febreiro de 1936 logo do triunfo do Frente Popular. Co golpe de Estado do 18 de xullo de 1936, foi detido o 20 de xullo, ingresou na prisión provincial onde estivo incomunicado. Sometido a consello de guerra por rebelión militar, foi condenado a pena de morte e fusilado no Campo da Rata o 31 de agosto de 1936, xunto a Alfredo Suárez Ferrín, Manuel Guzmán García, Francisco Prego Campos, Joaquín Martín Martínez e Ramón Maseda Reinante.[1]
Casou en 1931 con Mercedes Romero Abella, mestra que tamén foi asasinada polos sublevados.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.