Francelos, Ribadavia
parroquia civil do concello de Ribadavia From Wikipedia, the free encyclopedia
parroquia civil do concello de Ribadavia From Wikipedia, the free encyclopedia
Santa María Madanela de Francelos é unha parroquia do concello de Ribadavia, no Ribeiro. En 2020 tiña 631 habitantes repartidos en dous núcleos de poboación.
Francelos | |
---|---|
Capela de San Xes de Francelos | |
Concello | Ribadavia[1] |
Provincia | Ourense |
Coordenadas | 42°16′41″N 8°09′26″O |
Poboación | 631 hab. (2020) |
Entidades de poboación | 2[1] |
[ editar datos en Wikidata ] |
Francelos é a parroquia máis meridional de Ribadavia. A aldea de Francelos dista apenas 2 quilómetros da capital municipal. Está situada na enfesta da veiga de Valparaíso, que se estende pola marxe dereita do río Miño logo da foz do río Avia.
En Francelos sitúase a capela de San Xes de Francelos, resto reedificado dun antigo mosteiro, no que se empregaron diversos elementos decorativos e arquitectónicos da fábrica orixinal prerrománica. Nas inmediacións da aldea de Prexigueiro pódense visitar as termas de Prexigueiro e unha antiga ponte sobre o río Cerves, xusto en fronte da embocadura do río Arnoia no Miño.
Lugares da parroquia de Francelos no concello de Ribadavia (Ourense) | |
---|---|
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.