composto químico From Wikipedia, the free encyclopedia
A fosfoserina (abreviada como SEP ou J) é un éster do aminoácido serina e un ácido fosfórico. A fosfoserina é un compoñente de moitas proteínas como resultado da súa modificación postraducional.[1] A fosforilación do grupo funcional alcohol da serina para producir fosfoserina é catalizada por varios tipos de quinases.[2][3] Ningún codón do código xenético codifica de forma natural a fosfoserina, polo que non se introduce nas proteínas durante a súa tradución. Porén, utilizando tecnoloxías que fan uso dun código xenético expandido, a fosfoserina pode tamén incorporarse ás proteínas durante a tradución.[4][5][6]
L-Fosfoserina | |
---|---|
Ácido (S)-2-amino-3-(fosfonooxi)propiónico | |
Identificadores | |
Número CAS | 407-41-0 |
PubChem | 106 |
ChemSpider | 62074 |
UNII | VI4F0K069V |
DrugBank | DB04522 |
KEGG | C01005 |
MeSH | Phosphoserine |
ChEBI | CHEBI:15811 |
ChEMBL | CHEMBL284377 |
Ligando IUPHAR | 1411 |
Imaxes 3D Jmol | Image 1 |
| |
| |
Propiedades | |
Fórmula molecular | C3H8NO6P |
Masa molecular | 185,073 g/mol |
Punto de fusión | 228 °C; 442 °F; 501 K |
Se non se indica outra cousa, os datos están tomados en condicións estándar de 25 °C e 100 kPa. |
É un metabolito normal que se encontra en biofluídos humanos.[7]
A fosfoserina ten tres sitios de coordinación potenciais (grupos carboxilo, amino e fosfato) A determinación do modo de coordinación entre ligandos fosforilados e ións metálicos que ocorre nun organismo é un primeiro paso para explicar a función da fosfoserina nos procesos bioinorgánicos.[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.