From Wikipedia, the free encyclopedia
Florentino Ameghino, nado o 19 de setembro de 1853 en Moneglia (Italia) e finado o 6 de agosto de 1911 en La Plata, foi un científico autodidacta, naturalista, climatólogo, paleontólogo, zoólogo, xeólogo e antropólogo arxentino.
(1878) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (it) Giovanni Battista Fiorino Giuseppe Ameghino 19 de setembro de 1853 Moneglia, Italia (pt) |
Morte | 6 de agosto de 1911 (57 anos) La Plata (Arxentina) |
Causa da morte | Diabetes mellitus |
Director de museo Bernardino Rivadavia Natural Sciences Museum (en) | |
1902 – 1911 ← Carlos Berg (pt) – Ángel Gallardo → | |
Datos persoais | |
Grupo étnico | Pobo italiano |
Educación | Universidad Nacional de La Plata |
Actividade | |
Campo de traballo | Paleontoloxía e arqueoloxía |
Ocupación | naturalista, profesor universitario, biólogo, arqueólogo, zoólogo, antropólogo, paleontólogo, ornitólogo |
Empregador | Universidad Nacional de La Plata Universidade Nacional de Córdoba (pt) Bernardino Rivadavia Natural Sciences Museum (en) |
Membro de | |
Profesores | Hermann Burmeister |
Influencias | |
Obra | |
Abreviatura do autor en zooloxía | Ameghino |
Familia | |
Irmáns | Carlos Ameghino |
Descrito pola fonte | Nordisk familjebok |
Foi mestre de escola e despois director da Colexio Municipal de Mercedes, na provincia de Buenos Aires.
Autodidacta, para os seus traballos científicos sempre contou co apoio do seu irmán máis novo Carlos, e para o seu financiamento só cos exiguos fondos obtidos da súa librería situada na cidade de La Plata.
Estudou o solo da provincia de La Pampa e recolectou numerosos fósiles. A súa colección está considerada como unha das máis importantes do seu tempo.
Tamén estudou restos de fósiles do home cuaternario no xacemento arqueolóxico de Chelles, Sena e Marne, Francia.
Foi nomeado profesor de zooloxía da Universidade Nacional de Córdoba. En 1886, Francisco P. Moreno nomeouno vicedirector e secretario do Museo de La Plata, asignándolle a sección de Paleontoloxía, que Ameghino arrequeceu coa súa propia colección (que vendeu ao estado provincial). Por último, foi director do Museo Nacional de Buenos Aires.
Para explorar o territorio patagónico, custeou unha expedición a cargo do seu irmán Carlos, para o cal estableceu unha librería, que atendeu persoalmente, en La Plata.
Faleceu en La Plata, á idade de 57 anos, o 6 de agosto de 1911, enfermo de diabetes e tamén por resistirse a unha intervención cirúrxica. Está soterrado no cemiterio de La Plata.
1878 - La antigüedad del hombre en el Plata.
1878 - Los mamíferos fósiles en la América Meridional.
1884 - Filogenia.
1889 - Contribución al conocimiento de los mamíferos fósiles de la República Argentina.
1891 - Los monos fósiles de la República Argentina.
1984 - Énumeration synoptique des espèces de mammifères fossiles des formations éocènes de Patagonie.
1895 - Sur les oiseaux fossiles de la Patagonie.
1900 - 1903 L'Âge des formations sédimentaires de Patagonie.
1902 - Línea filogenética de los proboscídeos.
1902 - On the primitive type of the Plagiodont molars of Mammalia.
1903 - Los Diprotodontes del orden de los plagiaulacoides y el origen de los roedores y de los Polimastodontes.
1904 - Recherches de morphologie phylogénétique sur les molaires supérieures des ongulés.
1906 - Formaciones sedimentarias del Cretáceo Superior y del Terciario de Patagonia.
Na honra de Florentino Ameghino nomeáronse unhas 110 especies, entre elas:
A abreviatura Ameghino emprégase para indicar a Florentino Ameghino como autoridade na descrición e taxonomía en zooloxía.
Wikimedia Commons ten máis contidos multimedia na categoría: Florentino Ameghino |
Wikispecies posúe unha páxina sobre: Florentino Ameghino |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.