From Wikipedia, the free encyclopedia
Os filozoos (Filozoa) son unha agrupación monofilética dentro do grupo Opisthokonta de seres vivos. Comprenden os animais xunto cos seus parentes unicelulares máis próximos (que son os organismos máis estreitamente relacionados cos animais que cos fungos ou Mesomycetozoa).[1]
Filozoa | |||||||||
---|---|---|---|---|---|---|---|---|---|
Ao fondo, a esponxa Agelas clathrodes. En primeiro plano os corais Iciligorgia schrammi e Plexaurella nutans. | |||||||||
Clasificación científica | |||||||||
| |||||||||
Reinos e clases | |||||||||
|
Actualmente asígnanse tres grupos ao clado Filozoa, que son:
Opisthokonta |
| ||||||||||||||||||||||||||||||
Asúmese que a célula opistoconta ancestral posuía unha proxeccións delgadas filosas ou "tentáculos". Nalgúns opistocontos (Mesomycetozoa e Corallochytrium) estas proxeccións perdéronse. Os Filozoa mantivéronas, e neles son simples e non se adelgazan cara ao extremo, e presentan un núcleo ríxido de feixes de actina (o que os diferencia dos filopodios flexibles, adelgazados cara ao extremo e ramificados dos nucleáriidos e dos rizoides ramificados e hifas dos fungos). Nos coanoflaxelados e nos animais máis primitivos, principalmente as esponxas, agréganse nun colar no que filtran o alimento situado arredor do cilio ou flaxelo; e isto crese que é un carácter herdado do seu antepasado filozoo común máis recente.[1]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.