From Wikipedia, the free encyclopedia
Filipe I, chamado tamén Filipe de Rouvre, nado en Rouvres-en-Plaine, Dijon no ano 1346 e finado no Castelo de Rouvre o 21 de novembro de 1361, foi conde e logo duque de Borgoña até a súa morte.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 5 de agosto de 1346 Rouvres-en-Plaine, Francia |
Morte | 21 de novembro de 1361 (15 anos) Rouvres-en-Plaine, Francia |
Causa da morte | peste |
Lugar de sepultura | Abadia de Cister (pt) |
Relixión | Catolicismo |
Actividade | |
Ocupación | monarca |
Outro | |
Título | Duque de Borgoña (1349–1361) Count of Boulogne (en) Count of Auvergne (en) Conde de Borgoña |
Familia | Casa de Borgoña |
Cónxuxe | Margarida III de Flandres (1356 (Gregoriano)–) |
Pais | Filipe de Borgoña e Joana I, Condessa de Auvérnia |
Irmáns | Joan of Burgundy |
Foi o único fillo de Filipe (1323-1346), herdeiro do condado de Borgoña, e de Xoana I de Auvernia. Foi o sucesor do seu avó Odón (1295-1350) ao tres anos de idade. O seu pai era o unixénito do duque Odón IV de Borgoña e de Xoana III de Borgoña, condesa de Borgoña e Artois.
Durante a menor idade de Felipe gobernou nos seus Estados Xoán, duque de Normandía, segundo esposo da súa nai, Xoana de Auvergne, e máis tarde rei de Francia. Despois da derrota de Poitiers (1356), Xoana encargouse da tutela, que durou até a súa morte (1360). Filipe, que xa dera mostra de gran madurez de xuízo, foi declarado entón maior de idade.
Ao asumir a súa posición Filipe dominaba unha parte importante de Europa. Ademais do ducado de Borgoña mesmo e das terras de Auvernia e Boulogne adquiridas a través da súa nai, así como a herdanza da súa avoa dos condados de Artois e Borgoña (provincias do Franco Condado)(terras que o directamente gobernaba, no seu propio dereito), o matrimonio desde 1355[1] con Margarida III de Flandres, herdeira do condado de Flandres, trouxo consigo a promesa da futura tenencia dos estados de Flandres, Nevers, e Rethel, Brabante e Limburgo.[2]
Con todo, Filipe contraeu a peste[3] e morreu en 1361 ben por mor desta enfermidade ou por un accidente montando a cabalo,[4] antes de que puidese consumar a unión con Margarida (á súa morte, tiña 15 anos de idade). Sen fillos, irmáns, ou curmáns, as súas terras foron divididas entre o rei Xoán II de Francia e Xoán de Boulogne, un tío e a súa tía Margarida I de Borgoña.
Xoán de Boulogne e Auvernia, un tío avó materno, herdou Boulogne e Auvernia, propiedades que Filipe herdou da súa nai Xoana.
Margarida I de Borgoña, condesa viúva de Flandres e tía de Filipe, herdou Artois e o Condado Palatino de Borgoña, como a seguinte na liña sucesoria, xa que era a irmá máis nova da avoa paterna de Filipe, Xoana, ambas as fillas de Xoana II de Borgoña, condesa de Artois, Borgoña e raíña de Francia polo seu matrimonio co rei Filipe V de Francia.
En 1361 aos 15 anos de idade, Filipe morreu. Discútese se foi por mor da peste bubónica[5] ou polas feridas causadas por un accidente montando a cabalo,[4] antes de que puidera consumar o seu matrimonio con Margarida. Coa súa morte, o rei Xoán II de Francia reclamou o ducado de Borgoña para Francia,[4] nomeando ao seu fillo máis novo, Filipe o Calvo tenente-xeneral o 27 de xuño de 1363 e duque de Borgoña en xuño de 1364.[6]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.