From Wikipedia, the free encyclopedia
O Festival Internacional do Mundo Celta de Ortigueira, coñecido tamén como Festival de Ortigueira, é un festival de balde de música tradicional folk dás nacións celtas, fundado en 1978 por persoal da Escola de gaitas de Ortigueira. Celebrase anualmente, agás entre 1988 e 1994 por variedade de dificultades, cada verán na segunda fin de semana de xullo na vila de Ortigueira, sita no norte da provincia coruñesa de Galicia(España).
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xullo de 2016.) |
Festival Internacional do Mundo Celta | |
---|---|
Escenario principal no porto | |
Localización | Ortigueira, Galicia (España) |
Anos | 1978–1987, 1995–2019, 2022-presente |
Nº edicións | 38 (até 2024) |
Fundadores | Escola de gaitas de Ortigueira |
Data | Catro días, na segunda fin de semana de xullo |
Xénero | Folk |
Organizador | Concello de Ortigueira |
Web oficial | festivaldeortigueira |
Na rede |
É o meirande festival celta canto a número de asistentes de toda a Península Ibérica, con miles de asistentes en cada edición. No 2003 foi declarado festa de interese turístico nacional, e no 2005 foi declarado festa de interese turístico internacional. En 2022 foron Premio Martín Códax da Música.
Ó longo da súa historia pasaron polos seus escenarios os grupos e intérpretes máis significativos da música celta, así como da música popular e tradicional de Galicia e do noroeste de España.[1].
O escenario principal sitúase no porto, con actuacións de grupos de gran nivel e fama internacional. Así mesmo, dende a edición do 2000 ata o 2010 nos arredores do porto situábase un escenario menor no que se daban cita grupos noveis, chamado «Proxecto Runas». Cuxo gañador obtiña un premio económico e unha praza para actuar no escenario principal da edición do seguinte ano. Na actualidade o proxecto de novos grupos ten lugar no escenario principal na noite do xoves.
Na praia de Morouzos e no piñeiral habilítase o espazo para que acampe a xente que acode ao festival.
No 2020, a causa da pandemia do COVID-19, vironse obrigados suspendelo.[2][3][4] En 2021, por mor dunha nova onda da pandemia, tamén se pospuxo, co anuncio de co festival do 2022 sería o máis longo da historia, con oito días de duración.[5][6]
A historia do festival divídese en dúas etapas:
Entre os grupos que participaron nas distintas edicións do festival destacan grupos galegos como Milladoiro, Luar na Lubre ou Berrogüetto, ademais de grupos internacionais como The Chieftains, Alan Stivell ou Ialma.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.