O Festival Internacional de Cinema de Toquio (東京国際映画祭 Tōkyōkokusaieigasai?, TIFF) é un festival de cinema estabelecido na cidade xaponesa de Toquio en 1985. O evento celebrouse cada dous anos dende 1985 até 1991, e dende 1991 celébrase anualmente. Xunto co Festival Internacional de Cinema de Shanghai, é un dos festivais de cinema competitivos de Asia, e o único festival xaponés acreditado pola FIAPF.[1][2]
Festival Internacional de Cinema de Toquio | |
---|---|
Acrónimo | TIFF |
Tipo | festival de cinema e organización |
Data de fundación | 1985 |
Sede | Toquio |
País | Xapón |
35°41′22″N 139°41′30″L | |
Na rede | |
https://www.tiff-jp.net/ | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Os galardóns outorgados durante o festival mudaron ao longo da súa existencia, mais o Grand Prix de Toquio, concedido ao mellor filme, mantívose como o premio máis importante. Outros premios que foron concedidos de xeito regular son o Premio Especial do Xurado e os de mellor actor, actriz e director.[3]
Nos últimos anos, os eventos principais do festival véñense celebrando durante unha semana a finais de outubro en Roppongi Hills. Os eventos inclúen proxeccións ao aire libre, proxeccións con voces superpostas e aparicións dos actores, así como seminarios e simposios relacionados co mercado cinematográfico.[2]
Notas
Véxase tamén
Wikiwand in your browser!
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.