arquitecto portugués From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Luís Cardoso de Meneses e Tavares de Távora, nado no Porto o 25 de agosto de 1923 e finado o 3 de setembro de 2005 en Matosinhos, foi un arquitecto portugués residente no Porto, decano dos arquitectos portugueses.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | (pt) Fernando Luís Cardoso Meneses de Tavares e Távora 25 de agosto de 1923 Porto, Portugal |
Morte | 3 de setembro de 2005 (82 anos) Matosinhos, Portugal |
Educación | Universidade do Porto |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, profesor universitario |
Empregador | Universidade de Coímbra Universidade do Porto |
Premios | |
Fernando Távora foi un dos fundadores da chamada Escola arquitectónica do Porto, mestre de Álvaro Siza e Souto de Moura. Introduciu a partir dos anos 50 a arquitectura moderna en Portugal, cunha reflexión sobre o papel social da arquitectura, en oposición ás realizacións e ós discursos oficiais da época. Como creador dunha nova lóxica de construción, prestou sempre atención ás paisaxes orixinais, utilizándoas como datos culturais que deben ser integrados no diálogo coa construción final.
No ámbito pedagóxico contribuíu de forma moi significativa á consolidación do curso de Arquitectura da Escola de Belas Artes do Porto (máis tarde Facultade de Arquitectura da Universidade do Porto) e do curso de Arquitectura do Departamento de Arquitectura da Facultade de Ciencias e Tecnoloxía da Universidade de Coímbra, que axudou a construír ó final da década dos 80.
Existe un documental da RTP dedicado a súa persoa, con guión de António Silva e realización de Cristina Antunes.
Hoxe hónrase a súa memoria co Premio Fernando Távora de arquitectura.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.