escultor, pintor e debuxante galego From Wikipedia, the free encyclopedia
Fernando Cortés Bugía, nado en Betanzos o 15 de decembro de 1874[1] e finado na Coruña o 25 de marzo de 1948, foi un pintor, escultor e debuxante galego.
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 15 de decembro de 1874 Betanzos, España |
Morte | 25 de marzo de 1948 (73 anos) A Coruña, España |
Educación | Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) |
Actividade | |
Ocupación | escultor, mestre, debuxante, pintor, político |
Empregador | Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) (1931–) Escola de Arte e Superior de Deseño Pablo Picasso (EASD) (1916–) |
Partido político | Partido Socialista Obrero Español |
Membro de | Real Academia Galega (académico de número) (1941–1948) Real Academia Galega (membro correspondente) (1909–1941) Real Academia Galega de Belas Artes |
Profesores | Román Navarro e Isidoro Brocos |
Ingresou na Escola de Artes e Oficios da Coruña, onde foi discípulo de Román Navarro e Isidoro Brocos. En 1907 converteuse en auxiliar meritorio. En 1916 obtivo a praza de profesor de ascenso, de modelado e baleirado, e en 1921, a de profesor de termo da escola. O 30 de abril de 1931 ascendeu a director do centro e a honorario deste en 1945, ano no que se xubilou. Ilustrou libros, álbums e programas de festas e colaborou en La Voz de Galicia debuxando temas de actualidade e paisaxísticos. En 1909 foi nomeado membro correspondente da Real Academia Galega e o 27 de xullo de 1941, numerario.[3] Pertenceu á Real Academia de Belas Artes Nuestra Señora del Rosario da Coruña e á Comisión Provincial de Monumentos.
Membro da agrupación socialista da Coruña, foi elixido concelleiro en 1913, pero renunciou ao cargo unha semana despois do seu nomeamento.
É autor dos bustos de Eduardo Pondal e Manuel Murguía, emprazados nos xardíns de Méndez Núñez coruñeses; as placas de Emilia Pardo Bazán (A Coruña), Lugrís Freire (Sada) e Leiras Pulpeiro (Mondoñedo). Tamén da placa conmemorativa dos irmáns García Naveira, en Betanzos.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.