Fernanda Montenegro
actriz brasileira From Wikipedia, the free encyclopedia
Remove ads
Arlette Pinheiro Esteves da Silva, nada no Río de Xaneiro o 16 de outubro de 1929, é unha actriz brasileira de cinema, teatro e televisión, coñecida como Fernanda Montenegro. Chamada "a Primeira Dama do Teatro do Brasil", foi a primeira actriz latinoamericana que recibiu unha candidatura ao Óscar como mellor actriz protagonista, polo filme Central do Brasil de Walter Salles.[1]
En 2013, converteuse tamén na primeira brasileira en gañar un premio Emmy internacional.[2]
En 2013, foi votada como a 15.ª celebridade máis influente do Brasil pola revista Forbes.[3] Durante a cerimonia inaugural dos Xogos Olímpicos de 2016, leu o poema "A Flor e a Náusea", de Carlos Drummond de Andrade, dobrado en inglés por Judi Dench.
Remove ads
Traxectoria
Orixe
Naceu como Arlette Pinheiro Esteves da Silva, filla de Vitório Esteves da Silva, mecánico, de orixe portuguesa e de Carmen Nieddu Pinheiro Esteves da Silva, ama de casa, filla de italianos da illa de Sardeña.[4][5] Sobre a adopción do seu nome artístico, a actriz afirmou que escolleu Fernanda simplemente pola súa sonoridade, mentres que Montenegro era o apelido do médico da familia.
Carreira

Iniciouse na radio aos na radio aos 16 anos e a finais dos 40 traduciu e adaptou obras de teatro célebres para ese medio. A súa vida artística no teatro comezou coa obra Alegres Canções nas Montanhas en 1950. Entre os seus compañeiros estaban Fernando Torres, quen se converteu no seu esposo. Nos seguintes anos traballou con outros actores, como Sérgio Britto, Cacilda Becker, Nathália Timberg, Cláudio Corrêa e Castro e Ítalo Rossi.
En 1959 deixou o Teatro Brasileiro de Comedia ao que ingresara en 1956[6] e fundou xunto co seu marido e outros destacados actores a compañía Teatro dos Sete no Río de Xaneiro.[7]
A principios da década de 1960 mudouse a São Paulo, onde traballou en moitas obras de teatro e televisión. A súa primeira telenovela foi Pouco Amor Não é Amor.
Debutou no cinema en 1964 con A Falecida, de Nelson Rodrigues. Conquistou os críticos con Eles Não Usam Black-Tie (1981). A pesar de que seguiu o éxito no teatro e na televisión, a súa carreira no cinema pasou bastante inadvertida ata 1997, cando O Que É Isso, Companheiro?, foi candidato ao Óscar ao mellor filme en lingua non inglesa.
A consagración internacional chegou en 1998 con Central do Brasil, que a levou a ser candidata ao Oscar á mellor actriz. Non gañou, mais recibiu o premio do Festival Internacional de Cinema de Berlín entre outras distincións.
En 1999 O Auto da Compadecida, un dos seus grandes éxitos televisivos foi convertido en filme e estreado nos cines.
En 2007 participou en Love in the Time of Cholera de Mike Newell como "Tránsito Ariza".
En 2010 gañou o premio á mellor actriz de teatro por Viver Sem Tempos Mortos.[8]
Remove ads
Vida persoal
Montenegro estivo casada con Fernando Torres dende 1954 ata a morte del en 2008. Con el tivo unha filla, a actriz Fernanda Torres, nada en 1965 (coa que protagonizou o filme Casa de Areia en 2005[9]) e un fillo, o director Cláudio Torres, nado en 1962 (con quen rodou Redentor en 2004[10]).
Homenaxes
O cantante e compositor Milton Nascimento compuxo e dedicoulle a canción "Mulher da vida".
Filmografía
Remove ads
Notas
Véxase tamén
Wikiwand - on
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Remove ads
