Factor inhibidor da leucemia

From Wikipedia, the free encyclopedia

Factor inhibidor da leucemia

O factor inhibidor da leucemia ou LIF (polas súas siglas en inglés de leukemia inhibitory factor) é unha citocina da clase da interleucina 6 que afecta ao crecemento celular ao inhibir a diferenciación. Cando os niveis de LIF caen, as células diferéncianse. En humanos está codificado no xene LIF do cromosoma 22.

Datos rápidos LIF, Estruturas dispoñibles ...
LIF
Estruturas dispoñibles
PDBBuscar ortólogos: PDBe, RCSB
Identificadores
Nomenclatura
Identificadores
externos
LocusCr. 22 q12.2
Padrón de expresión de ARNm
Máis información
Ortólogos
Especies
Humano Rato
Entrez
3976 16878
Ensembl
Véxase HS Véxase MM
UniProt
P15018 P09056
RefSeq
(ARNm)
NM_001257135 NM_001039537
RefSeq
(proteína) NCBI
NP_001244064 NP_001034626
Localización (UCSC)
Cr. 22:
30.24 – 30.25 Mb
Cr. 11:
4.21 – 4.22 Mb
PubMed (Busca)
3976


16878
Pechar

Función

O nome de factor inhibidor da leucemia deriva da súa capacidade de inducir a diferenciación terminal das células leucémicas mieloides, o que impide que sigan crecendo. Outras propiedades atribuídas a esta citocina son: promoción do crecemento e diferenciación celulares de diferentes tipos de células diana, influencia no metabolismo óseo, caquexia, desenvolvemento neural, embrioxénese e inflamación. O LIF regulado por p53 facilita a implantación no modelo de ratos e posiblemente en humanos.[1] Suxeriuse que o LIF humano recombinante podería axudar a mellorar a taxa de implantación en mulleres con infertilidade inexplicada.[2]

Unión/activación

O LIF únese a un receptor específico para LIF (LIFR-α), que forma un heterodímero cunha subunidade específica común a todos os membros desa familia de receptores, chamada subunidade transdutora de sinais GP130. Isto causa a activación dos cadoiros de JAK/STAT (quinase Janus/transdutor de sinais e activador da transcrición) e de MAPK (proteína quinase activada por mitoxeno).[3]

Expresión

O LIF exprésase normalmente nas glándulas uterinas e no trofoectodermo do embrión en desenvolvemento, e o seu receptor LIFR exprésase na masa celular interna (embrioblasto). O LIF recombinante orixinado en plantas prodúcese pola compañía InVitria.[4][5][6]

Uso no cultivo de células nais

O LIF adoita engadirse a medios de cultivo de células nais como alternativa ao cultivo con células alimentadoras, debido á limitación que presentan as células alimentadoras ao producir LIF só na súa superficie. As células alimentadoras que carecen do xene LIF non serven de sostén para as células nais.[7] O LIF promove a autorrenovación ao recrutar o transdutor de sinais e activador da transcrición 3 (Stat3). Stat3 é recrutado no receptor de LIF activado e fosforilado pola quinase Janus. Sinalouse que o LIF e Stat3 non son suficientes para inhibir a diferenciación de células nais, xa que as células se diferencian despois da retirada do soro. Durante a fase de reversibilidade da diferenciación a partir de pluripotencia virxe, é posible reverter as células que adquiren de novo a pluripotencia virxe por medio da adición de LIF.[8] A eliminación do LIF empurra as células nais á diferenciación, aínda que a manipulación xenética de células nais embrionais permite un crecemento independente de LIF, coa sobreexpresión do xene Nanog.

O LIF engádese habitualmente ao medio de cultivo de células nais para reducir a diferenciación espontánea.[9][10]

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.