From Wikipedia, the free encyclopedia
O Fudbalski Klub Crvena Zvezda (en galego Fútbol Club Estrela Vermella) é a sección de fútbol da Sportsko Društvo Crvena Zvezda (Sociedade Deportiva Estrela Vermella), da cidade de Belgrado, en Serbia. Foi fundado o 4 de marzo de 1945 coas outras seis seccións deportivas do club: a sección de baloncesto, a de atletismo, a de natación, a de remo, a de voleibol e a de xadrez. O equipo competiu durante décadas na Primeira Liga de Iugoslavia, e actualmente disputa a SuperLiga Serbia.
FK Crvena Zvezda | |||
---|---|---|---|
Nome | Fudbalski Klub Crvena Zvezda | ||
Alcume(s) | Zvezda (Estrela), Crveno-beli (Branquivermellos), Delije | ||
Fundación | 4 de marzo de 1945 | ||
Estadio | Stadion Crvena Zvezda Belgrado, Serbia | ||
Inauguración | 1 de setembro de 1963 | ||
Capacidade | 55.538 | ||
Presidente | Vladan Lukić | ||
Adestrador | Robert Prosinečki | ||
Liga | SuperLiga Serbia | ||
2023/24 | 1.º | ||
Na rede | |||
http://www.crvenazvezdafk.com/en/index.php/ | |||
| |||
Trátase do equipo máis laureado do fútbol serbio, cun total de 25 ligas e 22 copas, por diante do seu máximo rival, o FK Partizan. En 1991 pasou á historia ó gañar a Copa de Europa, con xogadores como Darko Pančev, Siniša Mihajlović, Vladimir Jugović, Miodrag Belodedici, Dejan Savićević e Robert Prosinečki, batendo naquela final nos penaltis ó Olympique Marsella de Jean-Pierre Papin.
O equipo xoga os seus encontros como local no Stadion Crvena Zvezda (en galego Estadio Estrela Vermella), inaugurado o 1 de setembro de 1963, que ten capacidade para acoller a 55.538 seareiros nas súas bancadas. Este estadio acolleu a final da Copa de Europa 1972-73 que enfrontou ó Ajax de Amsterdam co Juventus FC con vitoria para os neerlandeses. Tres anos despois foi un dos 2 estadios que acolleron a organización da Eurocopa de Fútbol Iugoslavia 1976, sendo a sede da final que enfrontou a Checoslovaquia coa Alemaña Federal, con vitoria dos primeiros.
Subcampión da Copa da UEFA en 1979, e subcampión da Supercopa de Europa en 1991.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.