arquitecto mexicano From Wikipedia, the free encyclopedia
Félix Candela Outeriño, nado en Madrid o 27 de xaneiro de 1910 e finado en Durham o 7 de decembro de 1997, foi un arquitecto español, famoso pola creación de estruturas baseadas no uso do paraboloide hiperbólico.
(2010) | |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 27 de xaneiro de 1910 Madrid, España |
Morte | 7 de decembro de 1997 (87 anos) Durham, Estados Unidos de América |
Educación | Universidade Politécnica de Madrid Real Academia de Belas Artes de San Fernando Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid |
Actividade | |
Ocupación | arquitecto, pintor, enxeñeiro, profesor universitario |
Empregador | Universidade Nacional Autónoma de México Universidade de Illinois Universidade de Illinois Chicago (pt) |
Obra | |
Obras destacables
| |
Premios | |
| |
En 1927 ingresou na Escola Técnica Superior de Arquitectura de Madrid, rematando a carreira 1935. Na súa época de estudante é un destacado deportista, gañando o campionato de esquí en 1932 e de rugby en 1934.[1]
Continuou os seus estudos na Real Academia de Belas Artes de San Fernando xunto a Eduardo Robles Piquer e Fernando Ramírez de Dampierre. Daquela coñeceu a Eduardo Torroja e as súas técnicas no uso de cubertas de formigón. Grazas a súa tese doutoral recibiu unha bolsa de estudos da Academia en 1936 para ampliar os estudos en Alemaña, pero non chega a ir polo inicio da Guerra Civil española. Formou parte do Exército Popular Republicano. Tras pasar polo campo de Perpiñán, decidiu exiliarse en México.
En 1941 adquiriu a cidadanía mexicana. En Acapulco comezou a súa carreira como arquitecto co deseño dalgunhas casas e hoteis. En 1950 fundou cos tamén arquitectos Fernando Fernández Rangel e Raúl Fernández Rangel a empresa construtora Cubiertas Ala. En 1953 recibiu unha cátedra na Facultade de Arquitectura da Universidade Nacional Autónoma de México (UNAM). Preside entre os anos 1961 e 1962 a Charles Eliot Norton Lectures na Universidade Harvard. En 1971 trasládase ós Estados Unidos, ocupando unha cátedra na Universidade de Illinois en Chicago, ata 1978, ano no que consegue a cidadanía americana.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.