From Wikipedia, the free encyclopedia
Un paraboloide hiperbólico é unha superficie reglada, alabeada, triaxial e de plano director.
O paraboloide hiperbólico tamén se denomina cadeira de montar debido á súa peculiar forma.
Existen dous xeitos de xerar un paraboloide hiperbólico:
A primeira é como superficie reglada, trasladando a xeratriz recta sobre as dúas directrices propias.
A segunda é trasladando unha parábola de xeito que o seu vértice percorra unha segunda parábola. As dúas parábolas están situadas en planos perpendiculares entre si e teñen a concavidade en sentidos opostos.
Cortando un paraboloide hipérbólico por un plano vertical (paralelo ao plano OXZ ou ao OYZ) obtense unha parábola. Cortándoo por un plano horizontal (paralelo ao plano OXY) obtense unha hipérbole. Se este plano horizontal pasa xusto polo denominado punto de cadeira, entón obtéñense dúas rectas que se cortan no devandito punto.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.