papa From Wikipedia, the free encyclopedia
Eutelo[1], tamén Eleuterio[1], Eutel[1] ou Outelo[2], chamado logo santo Eutelo, santo Eleuterio ou Santoutelo, nado quizais en Nicópole (Mesia) e morto posiblemente en Roma en 189, foi bispo cristián desa diocese entre os anos 174 e 189.
Este artigo precisa de máis fontes ou referencias que aparezan nunha publicación acreditada que poidan verificar o seu contido, como libros ou outras publicacións especializadas no tema. Por favor, axude mellorando este artigo. (Desde xuño de 2017.) |
Biografía | |
---|---|
Nacemento | valor descoñecido Nicópolis, Grecia (pt) |
Morte | 189 Outeiro Vaticano, Cidade do Vaticano |
13º Papa | |
175 – 189 ← Sotero – Vítor I → | |
Datos persoais | |
Relixión | Cristianismo e Igrexa católica |
Actividade | |
Lugar de traballo | Roma |
Ocupación | sacerdote católico |
Período de tempo | Imperio Romano |
Enaltecemento | |
Día de festividade relixiosa | 26 de maio |
Descrito pola fonte | Realencyclopädie der classischen Altertumswissenschaft (pt) Encyclopædia Britannica |
Non se coñece moito da vida de Eutelo. Aparentemente foi diácono en Roma nos tempos dos papas Aniceto e Sotero. Sábese que tivo unha xuntanza con Ireneo de Lión en Roma, onde o galorromano lle pedía que tomase medidas contra o montanismo e sobre o dano que esta corrente lle estaba facendo aos cristiáns, aumentando as súas persecucións. Foi durante o papado de Eutelo cando Ireneo publicou a súa obra Adversus haereses (Contra os herexes), onde estuda os distintos movementos fóra da ortodoxia romana e que serve de referencia cronolóxica para os primeiros pontificados (ata o de Eutelo, precisamente). Tamén se xuntou con Eutelo para debater a cuestión montanista o bispo Abercio de Hierápole.
Dise no Liber pontificalis e recólleo tamén Beda o Venerable que o rei británico Lucio lle pediu o envío de misioneiros a Gran Bretaña; o papa houbo de enviar a San Damián e a San Fugacio, que bautizaron o monarca e parte da corte. Porén, os especialistas da historia do cristianismo na illa rexeitan a historicidade destes feitos. O teólogo Adolf von Harnack apuntou porén que se producira unha confusión na lectura do Liber pontificalis e que en realidade se refería a unha petición de misioneiros realizada polo reino oriental de Edesa, daquela chamado Britio.
Tamén se lle atribúe a Eutelo a eliminación das restricións alimentarias dos cristiáns, que herdaran dos xudeus.
Como todos os papas anteriores ao edicto de Milán, foi considerado santo. Tamén se ten sinalado que foi mártir, se ben isto non está demostrado. Soterrado no outeiro Vaticano, posteriormente os seus restos foron levados á igrexa de San Xoán da Piña, preto do Panteón. En 1591 os seus restos movéronos de novo, desta vez á igrexa de Santa Susana, por petición de Camilla Peretti, a irmá de Sisto.
A súa festa é o 26 de maio.
Santo Eutelo aparéceselle ao reverendo Timothy Lovejoy no episodio Cremos en Marge da serie de debuxos animados The Simpsons: falando dende a imaxe dunha vidreira, o santo pídelle ao reverendo que corrixa a apatía cara á súa parroquia [3].
Só existe unha parroquia en Galicia baixo a avogación de santo Eutelo: a de Tella, en Ponteceso.
Santo Outelo é o santo avogoso para protexer e curar ás xentes que foron trabadas por un can doente ou sospeitoso de selo. De feito, o cinamomo (Melia azedarach) chámase tamén árbore da rabia e árbore de Santo Outel ou árbore de Santo Outelo porque se considera que cura a enfermidade mediante unha infusión feita coa casca, as follas e as flores e o rezo de ensalmos coma estes [4]:
En Celas de Peiro (Culleredo) teñen o Santo Outelo por padroeiro dos cans. Alí béicense estes animais canda a festa, que celebran en abril[5].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.