Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Euritión era o pastor que alindaba os afamados bois vermellos do xigante Xerión. Era fillo de Ares e da hespéride Eritia.
Biografía | |
---|---|
Familia | |
Pais | Ares e Erytheia |
Descrito pola fonte | Paulys Realenzyklopädie der klassischen Altertumswissenschaft |
Euritión e o seu monstruoso can de dúas cabezas, Ortro (ou Orto), coidaban o gando de Xerión na illa Eritia [1]. A localización desta illa é discutida: hai autores que a sitúan máis alá da corrente do Océano (no extremo occidental do Mediterráneo, máis alá do mundo coñecido), outros fronte á costa de Lusitania e os máis fronte á cidade de Gades, hoxe Cádiz.
Heracles recibiu a orde, no décimo dos seus doce traballos, de roubar estes bois, especialmente fermosos e apreciados. Tras diversas aventuras chegou a Eritia e foi inmediatamente ventado por Ortro, que se abalanzou contra el. Heracles matouno dun golpe de maza. Nas representacións artísticas deste episodio aparece ás veces asetado polas frechas do heroe.
O pastor, Euritión, chegouse para auxiliar ó can pero morreu do mesmo xeito. Finalmente, Heracles tamén matou o dono do gando, Xerión, e regresou a Micenas co rabaño.
"Cando chegou a Eritía acampou no monte Abante; o can, en canto o sentiu, arremeteu contra el, pero Heracles golpeouno coa maza e deu morte ó boieiro Euritión, que acudira en auxilio do can".(Pseudo-Apolodoro: Biblioteca mitológica II, 5, 10)
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.