personaxe mitolóxico, fillo de Poseidón From Wikipedia, the free encyclopedia
Na mitoloxía grega, Eufemo era fillo de Poseidón, deus do mar, e de Europa, filla do xigante Ticio. Nalgunhas fontes, a nai de Eufemo era Orís, filla doutro xigante, Orión [1]; ou ben de Celeno [2].
"Eufemo, fillo de Neptuno e de Europa, filla de Ticio, de Ténaro. Dise que podía correr sobre a auga sen mollar os pés".(Hixino: Fábulas 14, 15)
Eufemo posuía dotes adiviñatorias, pero a súa principal capacidade era a de andar sobre a auga, un poder que lle outorgara o seu padre.[3].
Na viaxe dos Argonautas, cando chega o momento de pasar o estreito das Simplégades, o temoneiro do Argo, Eufemo, comproba as posibilidades de cruzalo con éxito soltando unha pomba, seguindo os consellos do adiviño Fineo [4]. Se a pomba conseguía pasar, eles tamén poderían facelo, pero se as rochas errantes se pechaban sobre a pomba significaba que os deuses non lles eran propicios. Efectivamente, a pomba pasou entre elas, pero as rochas pecharon o paso e arrincáronlle as plumas do rabo.
Os Argonautas esperaron a que volveran a abrirse e vogaron con forza para pasar. O barco logrou pasar, pero as rochas pecháronse e esmagaron parte da popa [5].
Máis adiante, cando se encontraban no lago Tritonis buscando a saída cara ao mar, aparecéuselles o deus Tritón. Eufemo preguntoulle o camiño e Tritón indicoullo, dándolle ademais un baloco de terra. Deste xeito conferíalle ós seus descendentes o dereito a reinar sobre Libia [6].
Eufemo lanzou ó mar este terrón de terra, e de aí xurdiu a illa de Tera, actual Santorini.
Segundo Hixino, Eufemo foi un dos participantes na caza do xabaril de Calidón [7]
Casou con Laónome, irmá do heroe Heracles, e tivo un fillo, Leucófanes, con Málaque (ou Malicha, Malache ou Lamache), unha muller de Lemnos [8].
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.