Estatua de Zeus en Olimpia
estatua de Fidias From Wikipedia, the free encyclopedia
estatua de Fidias From Wikipedia, the free encyclopedia
A estatua de Zeus en Olimpia, esculpida polo escultor grego Fidias (século V a.C.) no ano 433 a.C., na cidade de Olimpia (actual Grecia), foi considerada unha das sete marabillas do mundo antigo. No ano 394 foi transportada a Constantinopla (actual Istambul), onde se di que foi destruída durante un incendio.
Tipo | escultura perdida obra de arte destruída estatua colosal Marabilla do Mundo Antigo | |||
---|---|---|---|---|
Parte de | Sete marabillas do mundo | |||
Localización | ||||
División administrativa | Ancient Olympia Municipality, Grecia (en) | |||
Localización | Templo de Zeus Olímpico | |||
| ||||
Características | ||||
Dimensións | 12 () m | |||
Material usado | marfil ouro ébano elemento estrutural: madeira | |||
Historia | ||||
Data de creación ou fundación | década de 430 a. C. | |||
Cronoloxía | ||||
475 (Gregoriano) | destrución | |||
Estado de conservación | derruído | |||
Creador | Fidias | |||
A estatua ocupaba a totalidade do ancho do corredor do templo construído para acollela. De acordo cunha fonte contemporánea, medía aproximadamente doce metros de alto. Zeus foi esculpido en marfil (ou modelado, pois na realización o marfil poñíase a mollo nun líquido que o facía máis maleábel) e foi sentado sobre un maxestoso trono feito de madeira de cedro embutida con marfil, ouro, ébano e pedras preciosas. Sobre a man dereita de Zeus había unha pequena estatua de Niké, a deusa grega da vitoria; e a man esquerda sostiña un cetro brillante cunha aguia na punta.
Na antigüidade, os gregos celebraban un dos seus festivais máis importantes, os Xogos Olímpicos na honra do rei dos deuses, Zeus. Os atletas acudían de lugares moi afastados, dende Sicilia até Exipto e Siria, ao santuario de Zeus situado na costa occidental de Grecia, no Peloponeso e esta celebración contribuía a unificar as cidades-estado gregas.
A sede consistía nun estadio para os xogos e un bosque sagrado, ou Altis, no que se situaban os templos. O santuario de Zeus foi simple no principio, mais, así como os xogos gañaban en importancia, viuse a necesidade de construír un máis adecuado á divindade. A construción iniciouse entre 470 e 460 a.C. baixo a dirección de Libon de Elis, quen o rematou en 456 a.C. O templo, de estilo dórico, erguíase sobre unha plataforma rectangular elevada. O teito apoiábase en trece grandes columnas nos lados e seis en cada extremo. O edificio culminaba en pico. Os pedimentos creados pola inclinación do tellado cubríanse con esculturas e baixo eles, xusto por baixo das columnas, outras esculturas describían os traballos de Hércules, seis a cada lado. Encargóuselle a estatua de Zeus a Fidias, que xa creara unha de Atenea de 13 m. de alto para o Partenón de Atenas e que era o autor de boa parte das esculturas do exterior dese mesmo templo.
A estatua sentada de Zeus, medía uns 12 metros de altura e ocupaba todo o ancho da nave do templo construído para albergalo. Segundo o xeógrafo Estrabón no século I a estatúa "semella como se Zeus se levantase". O Zeus era unha escultura criselefantina, feita de marfil é de bronce dourado-prateado. Non sobreviviu ningunha copia en mármore ou bronce, mais atopáronse versións sobre a mesma nunhas moedas romanas e xemas gravadas atopadas preto de Elis. Unha descrición moi detallada da escultura e do trono foi rexistrada polo viaxeiro Pausanias no século segundo. A escultura foi adornada con ramas de oliveira traballada en ouro e sentada nun trono magnífico de madeira de cedro, con incrustacións de marfil, ouro, ébano e pedras preciosas. Na man dereita de Zeus había unha pequena estatua de Niké coroada, deusa da vitoria, tamén criselefantina, e na súa man esquerda, un cetro con incrustacións de ouro cunha aguia. Plutarco, na súa Vida do Xeneral romano Lucio Emilio Paulo, na lembra a súa vitoria sobre os macedonios, conta que cando viu a estatua, "conmoveu á súa alma, coma estivese vendo ao deus en persoa", mentres que no século I o orador grego Dión Crisóstomo declarou que unha pequena ollada á estatua facía que un home esquézase tódolos seus problemas terreais.
A data da estatua, o terceiro cuarto do século V antes de Cristo, foi durante moito tempo tema de debate, e só confirmada arqueoloxicamente polo descubrimento e a escavación do taller de Fidias. Segundo unha lenda, cando se lle preguntou que inspirou a Fidias, xa sexa se escalou o Monte Olimpo para ver a Zeus ou se Zeus baixou do Olimpo para que Fidias o vise, o artista respondeu que se inspirara no Libro Primeiro, versículos 528 - 530, da Ilíada de Homero:
ἦ καὶ κυανέῃσιν ἐπ' ὀφρύσι νεῦσε Κρονίων
ἀμβρόσιαι δ' ἄρα χαῖται ἐπερρώσαντο ἄνακτος
κρατὸς ἀπ' ἀθανάτοιο μέγαν δ' ἐλέλιξεν Ὄλυμπον.
É dicir:
Dixo o Cronión, e baixou as negras cellas en sinal de asentimento;
os divinos cabelos axitáronse na cabeza do soberano inmortal,
e ao seu influxo estremeceuse o dilatado Olimpo.
As primeiras escavacións arqueolóxicas foron levadas a cabo por un equipo francés en 1829. Localizaron os límites do templo e atoparon fragmentos dos traballos de Hércules, hoxe en día no Museo do Louvre. En 1875 e os cinco anos seguintes, outra expedición alemá localizou a maioría dos edificios, atopou máis fragmentos das esculturas do templo e localizou os restos da poza no chan que contiña os óleos para a estatua.
Na década de 1950, outro equipo achou o obradoiro de Fidias ao oeste do templo, baixo unha igrexa cristiá. Atoparon ferramentas, un foxo para moldear o bronce, formas de arxila e mesmo fragmentos de cabeiro de elefante que se terían usado. Moitas das formas de arxila, que se empregaran para crear láminas de ouro, tiñan números de serie que deberon ser utilizadas para indicar o lugar que habían de ocupar. O estadio foi restaurado e dos templos é pouco o que fica, a excepción dunhas columnas e nada da estatua.
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.