Estado do Iucatán
estado de México From Wikipedia, the free encyclopedia
estado de México From Wikipedia, the free encyclopedia
O Iucatán[1] (en castelán: Yucatán; oficialmente Estado Libre y Soberano de Yucatán; en maia iucateco: Xóot' Noj Lu'umil Yúukatan) é un dos 31 estados de México, que xunto con Cidade de México, conforman as 32 entidades federais de México. A súa capital é Mérida e ten 106 concellos. Atópase no norte da península do Iucatán, facendo límite cos estados mexicanos de Campeche ao suroeste; e Quintana Roo ao sueste, o cal foi, até inicios do século XX, parte do estado do Iucatán. Ao norte ten o golfo de México.
Yucatán (es) | |||||
Localización | |||||
---|---|---|---|---|---|
| |||||
Estado | México | ||||
Capital | Mérida | ||||
Contén a división administrativa | |||||
Poboación | |||||
Poboación | 2.320.898 (2020) (58,59 hab./km²) | ||||
Lingua usada | língua de sinais mexicana (pt) Lingua maia iucateca línguas gestuais maias (pt) | ||||
Xeografía | |||||
Superficie | 39.612 km² | ||||
Altitude | 30 m | ||||
Comparte fronteira con | |||||
Creación | 1823 | ||||
Organización política | |||||
• Gobernador | Mauricio Vila Dosal | ||||
Órgano lexislativo | Congreso do Iucatán Circunscrición: 15, (Escano: 25) | ||||
Identificador descritivo | |||||
Código postal | 97 | ||||
Fuso horario | |||||
ISO 3166-2 | MX-YUC | ||||
Páxina web | yucatan.gob.mx |
Antes da chegada dos conquistadores españois á península do Iucatán, o nome da rexión era Mayab.[2] Na lingua maia, "ma' ya'ab" tradúcese como "uns poucos". Foi unha rexión moi importante da civilización maia, onde chegou ó seu máximo esplendor, e onde se fundaron as cidades de Chichén Itzá, Izamal, Motul, Mayapan, Ek' Balam e Ichcaanzihóo (tamén chamada T'ho), no presente Mérida.[3]
Logo da conquista do Iucatán, a península foi unha única entidade política e administrativa, a Capitanía Xeneral do Iucatán. Despois da inpendencia e a ruptura do Imperio Mexicano en 1823, proclamouse a primeira República do Iucatán, que despois se anexionou voluntariamente á República Federal dos Estados Unidos Mexicanos o 21 de decembro de 1823.[4] O 16 de marzo de 1841, como resultado dun conflito político e cultural co pacto federal, o Iucatán declarou a súa independencia de México, formando a segunda República do Iucatán. Posteriormente, o 14 de xullo de 1848, o Iucatán foi forzado a unirse de novo a México. En 1858, a mediados da guerra de castas, o estado do Iucatán foi dividido por primeira vez, estabelecéndose Campeche como un estado separado (oficialmente en 1863). Durante o Porfiriato, en 1902, o estado do Iucatán foi dividido de novo para formar o territorio federal que se convertería no estado actual de Quintana Roo.[5]
No 2010, o Iucatán foi considerado o estado máis seguro de México[6][7] e Mérida foi recoñecida como Cidade da Paz en 2011.[8][9]
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.