Remove ads
From Wikipedia, the free encyclopedia
A estación de Tolosa é unha estación de tren de Adif do concello de Tolosa, en Guipúscoa. É a principal estación da localidade que tamén conta cun apeadoiro chamado Tolosa-Centro.
Dispón de servizos de Longa e Media Distancia operados por Renfe, ademais de formar parte da única liña existente da rede de Proximidades Renfe Donostia.
A estación atópase no punto quilométrico 596,907 da liña férrea de ancho ibérico que une Madrid con Hendaia a 80,36 metros de altitude.[1] O tramo é de vía dobre e está electrificado.
A estación foi inaugurada o 1 de setembro de 1863 coa posta en marcha do tramo Beasain-Donostia da liña radial Madrid-Hendaia.[2] A súa explotación inicial quedou a cargo da Compañía dos Camiños de Ferro do Norte de España, que mantivo a súa titularidade ata que en 1941 foi nacionalizada e integrada na recentemente creada Renfe. Desde o 31 de decembro de 2004 Renfe Operadora explota a liña mentres que Adif é a titular das instalacións ferroviarias.
Actualizado a 26 de xuño de 2016.
Tren | Orixe | Paradas intermedias | Destino | Observación |
---|---|---|---|---|
Alvia | Madrid-Chamartín | Segovia-Guiomar · Valladolid-Campo Grande · Burgos-Rosa de Lima · Miranda de Ebro · Vitoria · Altsasu · Zumarraga · Tolosa · Donostia · Irún | Hendaia | 2 trens diarios por sentido |
Actualizado a 26 de xuño de 2016.
Liña | Trens | Orixe/Destino | Destino/Orixe | |
---|---|---|---|---|
MD Intercity |
Irún | Madrid-Chamartín | ||
25 | MD | Irún | Vitoria Miranda de Ebro | |
É unha das estacións do núcleo de proximidades Renfe Donostia, pola que pasa a única liña deste núcleo.
<< cabeceira | < estación | liña | estación > | cabeceira >> |
---|---|---|---|---|
Irún | Tolosa-Erdia | Alegia | Brinkola |
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.