Estádio Nacional Mané Garrincha
From Wikipedia, the free encyclopedia
From Wikipedia, the free encyclopedia
Seamless Wikipedia browsing. On steroids.
Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.
Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.
O Estádio Nacional de Brasília Mané Garrincha, tamén coñecido como Estádio Nacional Mané Garrincha, Estádio Nacional de Brasília, Arena Mané Garrincha ou simplemente Mané Garrincha, é un estadio de fútbol e recinto multiuso brasileiro situado na cidade de Brasilia, no Distrito Federal. O estádio é unha das diversas estruturas que compoñen o Complexo Polideportivo Ayrton Senna, que engloba tamén o Ximnásio de Deportes Nilson Nelson e o Autódromo Internacional Nelson Piquet, entre outros. Inaugurado en 1974, o estádio posuía capacidade total para 45.200 espectadores, mais após as reformas de 2010-2013, a súa capacidade medrou até os 72.788 asentos, tornándose o segundo maior estadio do Brasil e un dos maiores da América, só por detrás do Estádio do Maracanã no Río de Xaneiro. O estadio pertence actualmente á Axencia de Desenvolvemento do Distrito Federal (Terracap).
Estádio Nacional Mané Garrincha Estádio Nacional de Brasília | |
---|---|
Datos | |
Coordenadas | 15°47′01″S 47°53′57″O |
Localización | Brasilia, Brasil |
Alcume | O Gigante |
Nomes antigos | • Estádio Governador Hélio Prates da Silveira • Estádio Mané Garrincha |
Construción | |
Inauguración | 10 de marzo de 1974 |
Renovación | 15 de xuño de 2003 |
Arquitecto | Orixinal: Ícaro de Castro Mello Rec.: Eduardo Castro Mello |
Custo | Orixinal: R$ 671,2 millóns Reconst.: R$ 1.015 millóns |
Estadio | |
Superficie | Herba |
Dimensións | 105 × 68 |
Capacidade | 72.788 |
Asist. máxima | 67.423 (15 de xuño de 2013) Brasil 3 - 0 Xapón |
Propietario | Terracap |
Localía | Brasília Futebol Clube Legião Futebol Clube |
Web | http://estadionacionaldebrasilia.com.br/ |
Eventos | |
• Mundial de Fútbol Brasil 2014 | |
[ editar datos en Wikidata ] |
Inicialmente prevista para 31 de decembro de 2012[1] e posteriormente para 21 de abril de 2013[2], a inauguración do novo estádio foi finalmente o día 18 de maio de 2013. Como eventos de proba após a súa inauguración, o estadio foi escenario da final do Campeonato Brasiliense de 2013 e recibiu no día 26 de maio de 2013 o partido entre o Santos e o Flamengo, válido para o Campionato Brasileiro (Brasileirão).[3] Antes da reconstrución do estadio, Brasilia non contaba con ningún local considerado totalmente apto para recibir grandes eventos. Estes, cando ocorrian, eran realizados en áreas improvisadas, como o canteiro central da Esplanada dos Ministérios.