Espinho, Portugal

concello portugués do distrito de Aveiro From Wikipedia, the free encyclopedia

Espinho, Portugalmap

Espinho é unha cidade portuguesa pertencente ao distrito de Aveiro, ten preto de 21.589 habitantes. A cidade está incluída na Rexión Norte e sub rexión do Grande Porto, pertencendo aínda á Grande Área Metropolitana de Porto.

Datos rápidos Localización, Contén a división administrativa ...
Espinho, Portugal
Thumb
Thumb
Thumb

Localización
Thumb
 41°01′N 8°38′O
EstadoPortugal
DistritosDistrito de Aveiro
Contén a división administrativa
Anta e Guetim (pt)
Espinho (pt)
Paramos (pt)
Silvalde (pt)
Poboación
Poboación31.786 (2011) (1.509,31 hab./km²)
Xeografía
Superficie21,06 km²
Comparte fronteira con
Datos históricos
Día festivo
Identificador descritivo
Código postal4500
Fuso horario
Outro
Irmandado con

Sitio webportal.cm-espinho.pt
Pechar

Espinho é a sede dun pequeno municipio urbano, con 21,11 km² de área e 31.786 habitantes (en 2011), subdividido en 5 freguesías. O municipio limita ao norte co municipio de Vila Nova de Gaia, ao leste con Santa María da Feira, ao sur con Ovar e ao oeste co océano Atlántico.

Freguesías

As cinco freguesías que forman Espinho son as seguintes:

  • Anta
  • Espinho
  • Guetim
  • Paramos
  • Silvalde

Historia

Thumb
Castro de Ovil, Espinho: aspecto dunha das estruturas.

As orixes de Espinho están nun grupo de pescadores que alí establecéronse pola grande abundancia de peixes, pernoctando en refuxos improvisados, moitas veces utilizando as propias embarcacións como cuberta.

Xa en tempos do Imperio Romano na rexión existía un castro chamado Castro de Ovil, poboación referenciada por primeira vez nun documento de 1013 despois da era actual, que asentábase nun pequeno outeiro de forma circular rodeado por un foxo ao Norte e ao Nacente e por unha ribeira ao Sur e Poñente, actualmente encóntrase na freguesía de Paramos.

Espinho é unha cidade famosa pola súa centenaria feira, gastronomía, ofertas varias nas áreas do turismo, gastronomía e lecer, e polo Casino Solverde[1].

O concello foi creado en 1899 por desmembramento de Santa Maria da Feira.

Poboación

Irmandada

O concello de Espinho está irmandado coas seguintes cidades:[2]

Galería de imaxes

Notas

Véxase tamén

Loading related searches...

Wikiwand - on

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.