As proteínas fibrosas (ou fibrilares ou filamentosas), tamén chamadas escleroproteínas, son proteínas de forma alongada e insolubles con función estrutural. Constitúen un dos grandes tipos estruturais de proteínas, xunto coas proteínas globulares.

Thumb
Tripla hélice do tropocoláxeno, unha proteína fibrosa.

Exemplos son as queratinas, o coláxeno, a elastina, e a fibroína. As funcións exercidas por estas proteínas son estruturais, como o sostén, protección, formación do tecido conectivo, tendóns, tecido óseo, e tecido muscular.[1][2][3]

Estrutura

As escleroproteínas forman longos filamentos proteicos, formados por moitas moléculas da proteína. Aparecen como agregados insolubles, debido ás cadeas laterais hidrofóbicas que colgan da molécula.

A secuencia peptídica de moitas escleroproteínas xeralmente contén unha variedade limitada de residuos de aminoácidos que se repiten; ás veces forman estruturas secundarias especiais, como a hélice do coláxeno. As estruturas a miúdo están enlazadas coas adxacentes por medio de enlaces de hidróxeno ou de pontes disulfuro entre cisteínas.

En xeral, as escleroproteínas non se desnaturalización tan facilmente como as proteínas globulares, e son practicamente insolubles en auga e inertes.

Notas

Véxase tamén

Wikiwand in your browser!

Seamless Wikipedia browsing. On steroids.

Every time you click a link to Wikipedia, Wiktionary or Wikiquote in your browser's search results, it will show the modern Wikiwand interface.

Wikiwand extension is a five stars, simple, with minimum permission required to keep your browsing private, safe and transparent.